Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

XORNADA

Dumbría mira ao ceo: formación gratuíta para vivir a eclipse de agosto

O experto divulgador científico Óscar Blanco impartirá unha charla no Ézaro

A xornada formativa terá lugar no Edificio Bitácora, do Ézaro.

A xornada formativa terá lugar no Edificio Bitácora, do Ézaro. / VCM

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

O Concello de Dumbría, coa colaboración da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, organiza unha xornada formativa centrada na preparación para a eclipse solar que terá lugar en agosto. A cita é o día 11 de xuño ás 19.30 horas no Edificio Bitácora, no Ézaro.

A charla Eclipse solar. Unha oportunidade única? será impartida polo divulgador científico Óscar Blanco. Coñecido no mundo do astroturismo como "cazador de eclipses", xa que viviu nove eclipses totais.

Cartel promocional da xornada formativa no Ézaro, en Dumbría.

Cartel promocional da xornada formativa no Ézaro, en Dumbría. / Cedida

Óscar Blanco Varela (@artabrorum) é o director do Centro Astronómico de Trevinca, presidente da Agrupación Astronómica Coruñesa IO, astrofotógrafo, divulgador astronómico e monitor Starlight con máis de 25 anos de experiencia.

O contido da charla fundamentarase na experiencia propia de Óscar vivindo outras eclipses, e explicará a excepcionalidade da eclipse solar de agosto, a diferenza entre as eclipses totais e parciais e como gozar desta experiencia única dunha maneira segura.

Trátase dunha xornada de formación gratuíta e de acceso libre ata completar capacidade do auditorio.

Tracking Pixel Contents