Estes son os quince escenarios da Festa da Música no cinto de Santiago
O programa da Deputación da Coruña inclúe concertos en Melide, Padrón, Ribeira, Rianxo, A Pobra, Muros, Cee, Carballo, Vimianzo, Malpica, Cerceda, Santiso, Cedeira, Arteixo e Ortigueira

A deputada provincial Natividade González, na presentación do programa da Festa da Música. / Cedida
A área de Cultura da Deputación da Coruña programou unha nova edición da Festa da Música, que levará quince concertos a trece concellos da provincia ao longo do mes de xuño.
A iniciativa forma parte da conmemoración do Día Europeo da Música, que se celebra o 21 de xuño, e ten como obxectivo achegar a música galega a públicos de todo o territorio a través dunha programación diversa e de calidade.
A deputada de Cultura, Natividade González, destacou que a Festa da Música "é unha mostra do compromiso da Deputación coa creación musical galega e coa descentralización da oferta cultural". «Traballamos da man dos concellos para que a cultura chegue a toda a provincia e para apoiar artistas que representan a riqueza e a diversidade da música galega actual», sinalou.
A programación comezará os días 5, 6 e 7 de xuño co espectáculo Merendola desconcertante, do Cuarteto Debiselas, que chegará aos auditorios de Visantoña, en Santiso, e do Centro Cívico de Malpica, así como ás Escolas da Atalaia de Asados, en Rianxo. A proposta continuará o 18 de xuño no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, o 19 no adro do Convento do Carme de Padrón e o 28 de xuño no auditorio municipal de Cerceda.
Anxo Araújo protagonizará tres actuacións dentro do ciclo. O músico actuará o 23 de xuño na Praza Floreal de Cedeira, o 26 no anfiteatro de Arteixo e o 27 no Auditorio Baldomero Cores da casa da cultura de Cee.
Pola súa banda, Faia Díaz presentará Alvela o 14 de xuño na igrexa de Santa María de Melide e o 28 de xuño no auditorio municipal de Ribeira.
O proxecto Traspielas, impulsado por Su Garrido Pombo, ofrecerá dous concertos: o 19 de xuño no Teatro-Cine Elma da Pobra do Caramiñal e o 21 de xuño no Pazo da Cultura de Carballo.
A programación completarase coa cantante Belém Tajes, que presentará o seu primeiro disco, Amar o mar, o 19 de xuño no auditorio da casa da cultura de Vimianzo e o 20 de xuño no Teatro da Beneficencia de Ortigueira.
Con esta nova edición da Festa da Música, a Deputación da Coruña reforza a súa aposta pola difusión da música galega e pola colaboración cos concellos para impulsar unha programación cultural estable e accesible en todo o territorio provincial.
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras