AXUDAS
Máis de 150.000 euros para dinamizar a vida cultural, educativa e deportiva da Laracha
O Concello incrementa un 13,5% a partida e abre un prazo dun mes para presentar as solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes. / Cedida
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe as bases da convocatoria de subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas e educativas, así como a deportistas individuais. A principal novidade é o incremento da contía destinada a estas axudas, que ascende a 150.500 euros, un 13,5 % máis con respecto ao ano anterior.
Con este aumento do investimento procedente integramente de fondos municipais, o Concello reafirma o seu "compromiso co apoio ás asociacións, clubs e colectivos que desenvolven un importante labor social, cultural, educativa e deportiva no municipio, así como cos deportistas máis destacados que representan á Laracha en competicións de diferentes ámbitos", afirman dende o goberno local.
A convocatoria mantén as mesmas catro liñas de actuación subvencionables de anteriores anualidades, destinadas a colaborar cos gastos derivados da organización e desenvolvemento de actividades realizadas ao longo do presente exercicio.
No apartado de promoción de actividades educativas inclúense actuacións de carácter cultural ou deportivo desenvolvidas nos centros educativos públicos da Laracha, promovidas polas asociacións de nais e pais ou polos propios centros.
En canto á promoción de actividades culturais, poderán beneficiarse destas axudas as iniciativas orientadas á conservación, promoción e divulgación dos valores culturais, contribuíndo á dinamización das tradicións e da vida social do municipio.
A liña destinada á promoción de actividades deportivas abrangue competicións, escolas, actividades e todas aquelas accións relacionadas co fomento da práctica deportiva e dos hábitos de vida saudables relacionados coa actividade física entre a cidadanía.
Ademais, o Concello continúa apoiando aos deportistas individuais de maior relevancia mediante unha convocatoria específica que permitirá contribuír aos gastos de desprazamento, adquisición de material deportivo e mantemento do mesmo. Para a concesión destas axudas valoraranse os resultados acadados polos deportistas en competicións de ámbito autonómico, nacional e internacional.
As entidades beneficiarias deberán desenvolver a súa actividade no termo municipal da Laracha e carecer de ánimo de lucro. No caso dos deportistas individuais, requírese estar empadroado no concello cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, dispoñer de licenza deportiva en vigor, non desenvolver a actividade como integrante dun club, asociación ou entidade beneficiaria desta mesma convocatoria e participar en competicións oficiais de ámbito autonómico, nacional ou internacional obtendo resultados destacados.
Estas subvencións municipais son compatibles con outras axudas convocadas por administracións ou organismos públicos e privados para a mesma finalidade. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito