Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PATRIMONIO

Os segredos do Castro de Castrelo saen á luz nunha charla aberta ao público en Laxe

O arqueólogo Manuel Lestón dará a coñecer os principais achados da prospección realizada a comezos de ano.

Muralla e entrada do castro de Castrelo, en Laxe.

Muralla e entrada do castro de Castrelo, en Laxe. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Laxe

O Concello de Laxe organiza este mércores, 3 de xuño, unha nova actividade cultural centrada na historia e no patrimonio arqueolóxico do municipio. O Museo do Mar acollerá, ás 18.00 horas, un relatorio sobre os resultados da prospección arqueolóxica realizada a comezos deste ano no Castro de Castrelo.

A charla será impartida polo arqueólogo director e autor do traballo, Manuel Lestón Gómez, quen dará a coñecer os principais achados, conclusións e aspectos máis destacados desta investigación arqueolóxica, que permite seguir afondando no coñecemento do pasado histórico de Laxe e da Costa da Morte.

Cartel promocional da ponencia sobre o castro de Castrelo en Laxe.

Cartel promocional da ponencia sobre o castro de Castrelo en Laxe. / Cedida

Dende o Concello de Laxe animan á veciñanza, así como ás persoas visitantes e amantes da historia, da cultura e do patrimonio, a asistir a esta actividade aberta ao público, "que supón unha oportunidade única para coñecer de primeira man os avances realizados nun dos espazos patrimoniais máis relevantes do municipio", afirman.

A iniciativa enmárcase na aposta do Concello pola posta en valor da historia local e pola divulgación cultural, promovendo actividades que acheguen o patrimonio á cidadanía e contribúan a fortalecer a identidade cultural de Laxe.

Tracking Pixel Contents