INFRAESTRUTURAS
A Xunta impulsará este mes a ampliación da depuradora de auga potable de Frades
O orzamento previsto ascende a 600.000 euros

Estación de tratamento de auga potable de Ponte Carreira, en Frades. / Cedida
Redacción
O Concello de Frades celebra o anuncio da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, que prevé tramitar este mes o acordo para a ampliación da estación de tratamento de auga potable (ETAP) do municipio, emprazada no lugar de Ponte Carreira. Un proxecto que conta "con orzamento comprometido" que ascende a "uns 600.000 euros".
O concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro, amosou a súa satisfacción por este anuncio toda vez que "o Concello de Frades xa recibiu hai un par de meses o borrador do convenio de colaboración e tan só estamos pendentes do visto e prace da Consellería para proceder á sinatura”. Unha obra moi necesaria para a veciñanza, engade, pois a "estación de tratamento de auga potable está ao límite da súa capacidade".
Neste sentido, Ferreiro sinala que "os filtros da ETAP teñen que estar traballando as 24 horas do día para poder satisfacer a demanda existente. Unha situación que fai que sexa practicamente imposible levar a cabo calquera tipo de mantemento, preventivo ou correctivo, nas instalacións". A estación capta un volume de auga diario de 404 m3, sendo a súa capacidade máxima de tratamento de 432 m3.
Aumento da poboación
A pesar de que nos últimos anos a poboación de Frades minguou en 777 persoas, o número de abonados ao servizo de abastecemento municipal incrementouse nun 21%, ata superar o milleiro de persoas. Ademais, estímase que no próximo futuro incrementarase tanto o número de veciños e veciñas conectados á rede, así como a cabana gandeira existente no municipio.
Ferreiro Marzoa agradece á Xunta a aprobación dun proxecto técnico prioritario para o municipio pois "garantirá o abastecemento de auga para os veciños e veciñas de Frades, sobre todo porque nos últimos anos se incrementou o número de persoas aboadas a este servizo, debido ás sucesivas ampliacións da rede municipal que fomos executando en colaboración coa Xunta de Galicia".
Ademais, esta actuación engádese aos 1,3 millóns de euros investidos hai doce anos na depuradora de augas residuais, emprazada na mesma zona, "e que permitiu dar un salto de calidade na depuración das augas residuais da parroquia de Gafoi e parte de Ledoira", conclúe o concelleiro.
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- El restaurante más antiguo de Galicia lleva casi dos siglos abierto en Santiago: 'Fuimos ultramarinos, aserradero e incluso hicimos ataúdes
- Más de 400 vecinos disfrutan en el Cruceiro da Coruña de la primera sardiñada de la temporada en Santiago
- Esperan abrir el Pazo do Cotón en menos de 3 años: 'El proyecto hotelero más importante de Galicia a nivel de recuperación
- Vuelve la fiesta que hace viajar a Santiago 50 años atrás: verbena, juegos tradicionales, música y magia
- La compostelana Televés lanza una nueva generación de antenas preparada para la televisión del futuro y las redes 5G
- Cortizo y la UDC unen fuerzas para crear un máster que conecte universidad e industria en fachadas ligeras
- San Martiño Pinario revive el Santiago de 1976 con '50 anos aló': 'Esta festa creceu moito