Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACTIVIDADES

Campamentos, deporte e conciliación: así será o verán en Zas

As actividades buscan facilitar a conciliación das familias durante o período vacacional

Casa consistorial de Zas.

Casa consistorial de Zas. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Zas

O Concello de Zas reafirma un ano máis o seu compromiso co benestar das familias e coa promoción de alternativas de ocio educativo e saudable para a infancia e a mocidade, a través dun completo programa de actividades de verán que combina propostas lúdicas, deportivas e formativas pensadas para facilitar tamén a conciliación da vida laboral e familiar durante o período vacacional.

Dentro desta programación inclúense tres iniciativas principais: os Campamentos de Verán municipais, o Depor Campus Zas e o Campamento Multideportivo, co obxectivo de ofrecer á veciñanza diferentes opcións.

Os Campamentos de Verán están dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolveranse en cinco quendas entre o 22 de xuño e o 28 de agosto nas Torres do Allo. A programación combina actividades educativas, culturais e de lecer, en horario de 10.00 a 14.00 horas, cun prezo de 15 euros por quenda. Ademais, habilítase un servizo de madrugadores desde as 8.45 horas cun custo adicional de 10 euros por quenda, co fin de adaptarse ás necesidades das familias. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de xuño.

Cartel promocional dos campamentos de verán de Zas.

Cartel promocional dos campamentos de verán de Zas. / Cedida

O Depor Campus Zas celebrarase entre o 20 e o 24 de xullo no campo municipal Platas Reinoso e está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Esta actividade ofrece unha experiencia deportiva centrada no fútbol da man do Deportivo da Coruña, combinando formación técnica, convivencia e diversión. As inscricións permanecerán abertas ata o 14 de xullo a través da páxina web oficial do campus, e os xogadores e xogadoras do CD Concello de Zas poderán beneficiarse de descontos especiais.

Xincanas, xogos e múltiples actividades

Por último, o Campamento Multideportivo está destinado á rapazada de entre 8 e 14 anos e desenvolverase en dúas quendas, do 20 ao 24 e do 27 ao 31 de xullo, nos polideportivos de Baio e Zas. Ao longo destas xornadas, os participantes poderán gozar de xincanas, xogos, torneos e múltiples actividades deportivas, cun prezo de 15 euros e inscricións abertas ata o 15 de xullo.

Para máis información ou para formalizar as inscricións as persoas interesadas poden contactar co centro sociocultural de Zas no teléfono 981 751 398, mentres que no caso do Depor Campus Zas as inscricións deberán realizarse a través da páxina web oficial da organización.

Alternativas seguras e accesibles

O alcalde, Manuel Muíño, sinala que "a conciliación familiar é unha das prioridades deste goberno e por iso facemos un esforzo moi importante cada ano para ofrecer alternativas atractivas, seguras e accesibles para as familias durante os meses de verán".

O rexedor engade que "detrás de cada campamento hai un importante traballo de organización e unha clara vontade de seguir ampliando servizos que melloren o día a día da veciñanza. Queremos que as familias teñan recursos para conciliar e que os nenos e nenas poidan aproveitar o verán aprendendo, facendo deporte e compartindo experiencias".

Tracking Pixel Contents