Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

VISITAS

Peregrinos, estudantes e turistas de medio mundo fan parada no Museo Fernando Blanco en Cee

Unha axencia de Sanxenxo reservou 31 datas para achegar 1.500 persoas ao legado do filántropo

Grupo de visitantes procedentes de Madrid no Museo Fernando Blanco, de Cee.

Grupo de visitantes procedentes de Madrid no Museo Fernando Blanco, de Cee. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O Museo Fernando Blanco de Cee agarda completar un ano de numerosas visitas. O grupo Fianteira Turismo, con sede en Sanxenxo, e a través da súa axencia de viaxes Interrías, reservou 31 datas para que 1.500 persoas descubran o legado do filántropo ceense e tamén outras localidades da Costa da Morte.

Membros da Agrupación Teatral Silvardeiras de Allariz no museo ceense.

Membros da Agrupación Teatral Silvardeiras de Allariz no museo ceense. / Cedida

Á marxe desas visitas, o museo ceense está a recibir tamén peregrinos e expedicións promovidas por asociacións e colexios nas últimas semanas. Así, a figura e o legado de Fernando Blanco espertaron o interese de dous grupos da Comunidade de Madrid; a Agrupación Cultural Silvardeiras de Allariz (Ourense), que representou en Cee a obra Os vellos non deben namorarse; e un grupo de persoas que están a recibir clases de español a través da Cruz Vermella.

Grupo de persoas que participan no curso de españo de Cruz Vermella.

Grupo de persoas que participan no curso de español de Cruz Vermella. / Cedida

Asemade, polo espazo museístico pasaron nos últimos días visitantes chegados de distintos puntos do planeta: Italia, Hungría, Senegal, Ucraína e Marrocos, segundo informa o responsable do museo, Darío Areas.

Grupos de turistas chegados de Madrid no Museo Fernando Blanco.

Grupos de turistas chegados de Madrid no Museo Fernando Blanco. / Cedida

Foron un total de 107 persoas "cun sentir común que amosan ao rematar o percorrido: o asombro de como unha pequena vila como Cee contase cun dos centros educativos de referencia xa dende finais do século XIX e, con razón, manifestan que o agradecemento da nosa localidade a quen o fixo posible debe ser eterno", subliña Areas Lestón.

Cómpre lembrar que para poder participar en visitas guiadas é preciso concertalas con antelación chamando ao teléfono 981 747221 ou contactando co museo a través do correo fundacioncee@hotmail.com.

Tracking Pixel Contents