Festa interxeracional en Bertamiráns para promover o apego polo galego
Centos de cativos gozaron en familia de xogos, música, teatro, contos e obradoiros na VII Festa do Apego

Familias desfrutando da Festa do Apego no Pazo da Peregrina / Cedida
Redacción
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Ames) encheuse este sábado de música, teatro, xogos, obradoiros e outras actividades para promover unha crianza positiva, creativa e en galego e fortalecer o vínculo coa lingua e a cultura. Foi no marco da celebración da VII Festa do Apego, un encontro aberto a familias, a docentes e a todas as persoas interesadas.
Co obxectivo de que os máis cativos gozaran, aprenderan e crearan lembranzas en galego, a xornada estendeuse desde as once da mañá ata as oito da tarde, cunha pausa para o xantar. Pola mañá xa asistiran unhas 300 persoas, e pola tarde fixérono máis de 1.000.
Promoción da lingua
Esta iniciativa ten como principal obxectivo promover a transmisión do galego aos nenos desde os primeiros anos de vida para fomentar o seu uso. Tamén axuda á socialización na lingua propia da comunidade. Todo elo nun ambiente lúdico que convida á interacción e á participación. A xornada festiva contou con música de diferentes estilos, xogos, recursos lúdico-educativo, contos e clown, entre outras actividades que fixeron gozar a pequenos e adultos.
Brais das Hortas, Pakolas, Laura Romero, Vero Rilo, Luis Iglesias, Mamá Cabra, Aurora Artes Escénicas e Inventi Teatro formaron parte do programa da xornada, que tamén contou con Pedras de Papel, Fabaloba, Miudiño e Brazolinda. Todas as actividades foron de acceso libre e gratuíto, sen necesidade de inscrición previa, para favorecer a afluencia. A meteoroloxía pertimiu manter o festexo ao aire libre e que as familias puideran xantar na carballeira.
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- La infracción de tráfico más repetida en Santiago deja más de 600 denuncias en solo un año
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- El delegado del Gobierno sobre la transferencia de la AP-9 a Galicia: 'Creo que seremos capaces de llegar a un acuerdo
- «É unha máis da familia»: el quinto verano de Mariam en Ames