Deputación Coruña
Axudas provinciais ao marisqueo: as 20 confrarías de Barbanza e Costa da Morte beneficiarias
Recibirán máis de 408.000 euros para mantemento da actividade e exaltación dos produtos do mar

Promoción dos produtos do mar da lonxa de Laxe no Castelo de Vimianzo. / Cedida
A Deputación da Coruña outorgou subvencións por valor de 538.934,63 euros destinadas a 36 confrarías de pescadores, federacións e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia. O 75% das axudas, máis de 408.000 euros, serán para 20 entidades de Barbanza e Costa da Morte.
Estas axudas estrutúranse en dúas liñas de actuación. A primeira está orientada ao mantemento da actividade das confrarías e agrupacións marisqueiras, contribuíndo a financiar gastos de persoal, vixilancia, mellora e modernización dos procesos de comercialización, adquisición de semente ou funcionamento das lonxas.
A segunda céntrase no apoio á organización de festas e accións de exaltación dos produtos do mar, fundamentais para a promoción e posta en valor do sector e para achegar estes produtos á cidadanía.
Relación de beneficiarios
En Barbanza as confrarías beneficiarias de subvencións para mantemento de actividades son as de Carreira e Aguiño (13.500 €), A Pobra do Caramiñal (18.000 €), Cabo de Cruz (13.500 €), Lira (18.000 €), O Pindo (24.000 €), San Andrés de Portosín (18.000 €), San Pedro de Ribeira (18.000 €), San Telmo do Porto do Son (13.500 €), Rianxo (13.500 €) e Muros (8.464 €).
Pola súa banda, na Costa da Morte recibirán axudas os pósitos de Camelle (24.000 €), Corme (24.000 €), Laxe (18.000 €), Malpica (24.000 €), Nosa Señora das Areas de Fisterra (24.000 €), Virxe da Barca de Muxía (18.000 €), Corcubión (24.000 €), Camariñas (6.000 €) e a Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns (9.785,48 €).
Ademais, recibirán axudas para a exaltación e promoción dos produtos do mar as confrarías de Camariñas (15.000 €), Laxe (6.960 €), Corcubión (15.000 €), Lira (15.000 €), San Andrés de Portosín (11.816 €) e San Bartolomé de Noia (14.800 €).
Emprego e tradición
A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, destacou que "estas axudas son unha ferramenta clave para garantir o futuro do sector do mar, apoiando tanto o seu funcionamento diario como a promoción dos nosos produtos". Subliñou que "as confrarías son pezas fundamentais da economía local nos concellos costeiros, xerando emprego e mantendo viva a tradición mariñeira que forma parte da nosa identidade".
Capelán incidiu tamén na importancia de apoiar as accións de exaltación dos produtos do mar, "unha boa oportunidade para poñer en valor a calidade do noso produto, dinamizar a economía local e atraer visitantes".
Eventos gastronómicos
Neste sentido, lembrou que a Deputación vén apoiando iniciativas consolidadas como as xornadas de degustación de marisco en Laxe, a Festa da Centola de Lorbé, a exaltación do berberecho de Noia, a Festa do Marisco de Barallobre ou diferentes festas do Carmen e eventos gastronómicos vinculados ás lonxas da provincia.
A resolución inclúe un total de 36 entidades beneficiarias, distribuídas por toda a costa da provincia, e reflicte a diversidade do sector, desde pequenas agrupacións de mariscadoras ata grandes confrarías con actividade comercial relevante.
- Muere Manuel Peleteiro Ramos, hijo de los fundadores del Colegio Peleteiro de Santiago
- Medio Ambiente detecta un auge de la pesca eléctrica en los ríos gallegos: «No me esperaba que hubiese tanto furtivismo de este tipo»
- Las nueve medidas con las que el candidato del PP Borja Verea quiere convertir Santiago en 'la mejor capital de Europa' para las familias
- El primer bar vikingo de Santiago abre con un barco a tamaño real como barra: 'Va a ser algo nuevo en la ciudad
- De perseguir autógrafos en Lavacolla a levantar la Copa del Mundo: Borja Iglesias vuelve a casa para ser homenajeado
- Dos jóvenes acaban en el hospital tras sufrir violentas agresiones en las fiestas de A Mercé de Conxo
- Santa Minia de Brión 2026: Luar na Lubre, Olympus y Finisterre en la primera edición como Fiesta de Interés Turístico de Galicia
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos