MINERÍA
Veciñanza e Concello de Zas fan fronte común contra a explotación de caolín en Fornelos
O alcalde, Manuel Muíño, advirte das posibles consecuencias ambientais, sociais e económicas

O alcalde, á dereita, na xuntanza cos veciños de Fornelos. / Cedida
O Concello de Zas e a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos avaliaron nunha xuntanza coa veciñanza as consecuencias da recente autorización da Xunta de Galicia do permiso de investigación mineira que afecta aos municipios de Zas, Cabana de Bergantiños e Laxe.
O encontro reuniu a numerosos veciños e veciñas interesados en coñecer o alcance deste trámite administrativo e os seus posibles efectos sobre o territorio, así como a representantes da Plataforma en Contra da Mina de Coéns.
O alcalde, Manuel Muíño, explicou que este permiso de investigación constitúe a fase previa a unha futura explotación mineira, "polo que resulta fundamental mostrar xa dende este momento unha oposición firme, unida e decidida". Así mesmo, apuntou que as competencias en canto á minería lle corresponden ao Estado español, mentres que o desenvolvemento e permisos dependen da Xunta de Galicia, non tendo o Concello competencias.

Un momento da xuntanza informativa coa veciñanza de Fornelos. / Cedida
"Estamos ante o primeiro paso dun posible proxecto de explotación no futuro. Os efectos desta futura mina afectarán ao todos os veciños de Fornelos dada a proximidade da mesma ao lugar e serán efectos devastadores para o medio e para as persoas", sinalou o rexedor, quen trasladou á veciñanza a súa total disposición para dar "os pasos precisos para defender os intereses do territorio e evitar as consecuencias dun proxecto destas características, chegando aos tribunais si fose preciso".
Muíño explicou, así mesmo, que para extraer un quilogramo "precísase remover e procesar entre 8 e 12 kg de terra. A empresa prevé extraer en Coéns 9.000 toneladas anuais, o que suporía un movemento anual de terras de máis de 100.000 toneladas”.
Concello e asociación veciñal acordaron actuar de forma coordinada e manter unha fronte común ante unha iniciativa que, segundo se expuxo durante o encontro, podería ter importantes repercusións sobre a paisaxe, a actividade económica local, o medio natural e a calidade de vida da poboación.
Recurso de reposición
Como primeira medida, ambas entidades elaboraron un modelo de recurso de reposición que estará a disposición da cidadanía para facilitar que todas aquelas persoas que o desexen poidan expresar formalmente a súa oposición ao permiso de investigación e deixar constancia da posición veciñal ante a Administración autonómica. O prazo para presentar este recurso remata o 30 de xuño.
Durante a reunión tamén se informou de que calquera actuación relacionada coa investigación mineira que implique a realización de catas ou traballos en parcelas privadas deberá contar coa autorización das persoas propietarias, sen que poidan acceder ás fincas sen o seu consentimento.
- El Apóstol 2026 arranca este miércoles con 30 conciertos gratis en Santiago: horarios y cartel
- Asturias sigue la estela de Galicia y prohibirá la pesca deportiva del salmón en sus ríos en 2027 con excepción del 'campanu'
- El Monbus Obradoiro cierra un doble golpe en el mercado: ficha a Caleb Agada y Alonso Faure
- Borja Iglesias sorprende en la celebración del Mundial cantando un clásico del rap español
- El otro Mundial de Borja Iglesias: dos minutos, una confusión y el último saludo
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, pregonero de las Fiestas del Apóstol 2026: 'Me hace mucha ilusión, soy un santiagués más