EDUCACIÓN
Os Miñatos gañan a Olimpíada Cultural do IES Fernando Blanco de Cee
O gran debate xirou sobre a pregunta: A sociedade actual favorece os hábitos saudables?

Un momento do gran debate final de 'O saber ten premio'. / Cedida
O IES Fernando Blanco de Cee celebrou a XV Olimpíada cultural "O saber ten premio", un dos sinais de identidade do instituto, que comezou a súa andadura baixo a dirección de Chelo Trillo Lago.
A competición comezou cunha primeira fase de preguntas na plataforma da aula virtual sobre contidos que se desenvolven en materias e módulos que se imparten no centro. Tres equipos competiron na gran final: Os miñatos, Os sapiños pintos e Os tres colas, que se someteron a unha nova rolda de preguntas en directo nun salón de actos ateigado de alumnos, profesores e familiares.
Os miñatos e Os tres colas clasificáronse para o gran debate: A sociedade actual favorece os hábitos saudables? Tras unha longa deliberación do xurado, o equipo dos Miñatos alzouse co primeiro premio.
Empresas patrocinadoras
Á gran final sumáronse os representantes das empresas patrocinadoras: Xeal, Gerca e Ferretería Roget, acompañados do equipo directivo do centro e do director territorial de Educación, Santiago Freire.
Dende o centro educativo amosan o seu agradecemento ás empresas patrocinadoras, a todos os equipos participantes, ás preparadoras do debate, ao formador Juan Santamaría, profesor especialista en debates, ao presentador Fran Hermida, ao xurado e á comisión organizadora do acto.
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Netflix regresa a Galicia con la serie que acerca la historia real de la narcotraficante detrás del mayor alijo de cocaína incautado en los 90
- Una heladería de Santiago, entre las favoritas de los mejores heladeros de España
- Fiestas del Apóstol 2026 en Santiago: programa completo, conciertos, fuegos y actividades día a día
- El rincón marinero a 40 minutos de Santiago donde veranea Christian Gálvez: paseos de dos kilómetros junto al mar, el mejor marisco y un jardín único en Europa
- Burger King cancela su colaboración con el gallego El Xocas: 'Sus declaraciones no representan los valores que defendemos
- El Santiago que no pudo ser: así habría cambiado la ciudad con la gran avenida que iba a unir Porta Faxeira con el Obradoiro
- El juzgado admite a trámite una demanda de Galicia y Andalucía contra la Federación Española de Pesca por excluirlas del mapa de campeonatos nacionales