CERTAME ESCOLAR E AFECCIONADO
O teatro de Baio triunfa con cinco galardóns no Teatro Colón
O CEIP Labarta Pose e Badius conquistan o xurado coas obras 'O poeta e o lume' e 'O parvo'

Entrega do premio á mellor obra benxamín do CEIP Labarta Pose. / Iago Lopez
O teatro está de noraboa en Baio (Zas), logo de colleitar cinco premios no Certame de Teatro Escolar e Afeccionado organizado polo IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña.
Así, na categoría benxamín, o premio á mellor obra foi para O poeta e o lume, do CEIP Labarta Pose, de Baio. Un espectáculo co que María Cundíns Castro acadou o recoñecemento á mellor actuación de reparto e Sinda Cundíns Caamaño o premio á mellor dirección.
E na categoría afeccionada, o grupo Teatro Badius, coa obra O parvo, acadou dous premios: o de mellor actuación, que foi para Marco A. Álvarez Rodríguez, e o de mellor dirección, para Alberto Villar López.

Premiados no Certame de Teatro Afeccionado. / Iago Lopez
Os premios foron entregados no Teatro Colón da Coruña. O certamen, que chega á súa vixésimo sétima edición, reuniu este ano a 947 participantes e contou coa representación de 74 obras, procedentes principalmente da provincia da Coruña, pero tamén doutros puntos de Galicia e de comunidades como Madrid ou o País Vasco.
A gala serviu para recoñecer o traballo desenvolvido durante os últimos meses polos grupos participantes, que representaron as súas obras no IES Rosalía Mera antes da entrega final de premios no Teatro Colón.

O público ateigou o Teatro Colón da Coruña. / Iago Lopez
Na edición deste ano participaron 35 compañías na categoría afeccionada e 39 grupos nas categorías escolares. Destas últimas, 14 corresponderon á categoría cadete, 21 á infantil e 4 á benxamín, o que amosa a forte presenza das novas xeracións nun certame que leva case tres décadas achegando as artes escénicas á mocidade e ao tecido cultural de base.
Trinta e cinco premios
Durante a gala entregáronse un total de 35 premios, cos que a Deputación recoñeceu a calidade das propostas presentadas, o esforzo dos elencos e equipos técnicos, e o papel fundamental que desempeñan centros educativos, asociacións culturais, compañías afeccionadas, profesorado, familias e persoas voluntarias na promoción do teatro.
No seu discurso de clausura, o deputado provincial José Ramón Rioboo destacou que o certame "é xa unha referencia no teatro escolar e afeccionado despois de 27 anos", e puxo en valor a súa capacidade para "crear canteira e facer do escenario un espazo de aprendizaxe, sen importar a idade".
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- La infracción de tráfico más repetida en Santiago deja más de 600 denuncias en solo un año
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- El delegado del Gobierno sobre la transferencia de la AP-9 a Galicia: 'Creo que seremos capaces de llegar a un acuerdo
- «É unha máis da familia»: el quinto verano de Mariam en Ames