SERVIZOS
A cesión da casa reitoral abre a porta a unha Casa do Maior en Corme
O Arcebispado de Santiago cede o inmoble ao Concello para reforzar a atención aos maiores

Fernández, esquerda, Mato, Barros e García no acto de sinatura da cesión. / Cedida
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, pechou co ecónomo do Arcebispado de Santiago, Fernando Barros, a cesión da casa reitoral de Corme ao Concello, nun encontro no que estiveron presentes tamén o tenente de alcalde, Constantino Fernández, o párroco de Pazos, Manuel García, entre outros.
Esta cesión supón un paso fundamental para que o Concello poida optar á creación dunha nova Casa do Maior en Corme, un proxecto destinado a reforzar os servizos de atención e coidado das persoas maiores da localidade.
"Para chegar a este acordo foron necesarias varias reunións de traballo co equipo do Arcebispado de Santiago, nas que participaron activamente os párrocos Manuel García e José Manuel Varela, cuxa colaboración resultou determinante para avanzar nesta iniciativa", subliñan dende o Concello.
Segunda fase
A disposición dun inmoble adecuado era un dos requisitos imprescindibles para poder presentar a candidatura cando se publique a correspondente convocatoria. Con esta cesión, o Concello entra xa nunha segunda fase do proceso, abrindo a vía para que Corme poida optar a albergar unha nova Casa do Maior.
O alcalde, José Manuel Mato, agradeceu a colaboración de todas as partes implicadas. "Este acordo representa un paso moi importante para ter a posibilidade de seguir ampliando os servizos destinados ás persoas maiores do noso concello".
Ademais, amosouse optimista sobre as posibilidades do proxecto. "Estamos convencidos de que Corme reúne as condicións necesarias para acoller este servizo e imos defender esta candidatura con toda a firmeza cando se abra a convocatoria correspondente", concluíu.
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana