Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACTO

Os clubs de lectura de Cee premian a obra 'O Incendio' de Sara Vila Alonso

A escritora e xornalista foi a primeira galardoada nunha iniciativa interxeracional impulsada polo Concello ceense

A alcaldesa cos membros dos clubs de lectura da biblioteca municipal de Cee.

A alcaldesa cos membros dos clubs de lectura da biblioteca municipal de Cee. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cee

A biblioteca de Cee acolleu a gala de entrega do I Premio dos Clubs de Lectura do Concello de Cee, que foi para a obra O Incendio, da xornalista e escritora Sara Vila Alonso, editada por Xerais. A galardoada participou no acto por videoconferencia e deu resposta ás preguntas que lle formularon os lectores.

Sara Vila Alonso, autora premiada polos lectores de Cee.

Sara Vila Alonso, autora premiada polos lectores de Cee. / Xerais

A cita complementouse coa actuación da banda do IES Agra de Raíces, que achegou a nota musical a unha gala concebida como unha celebración da lectura e da cultura compartida.

A alcaldesa, Margot Lamela, asegura que o premio "nace coa vocación de consolidarse como unha ferramenta de promoción da literatura galega e de recoñecemento ao diálogo que a lectura é capaz de establecer entre mozos e adultos".

Un momento da videoconferencia coa escritora.

Un momento da videoconferencia coa escritora. / Cedida

Trátase dunha iniciativa de carácter interxeracional, ao reunir arredor da lectura o alumnado do IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco xunto coas lectoras adultas do club da biblioteca municipal, que este ano leron en común tres obras: Punto de Araña de Nerea Pallares; Pirotecnia de Alberto Ramos; e O Incendio, de Sara Vila.

Tracking Pixel Contents