Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dodro volverá ser escenario do Festival Atlántica con dúas noites de narración oral

María da Pontragha e Irene Reina protagonizarán as funcións dos días 3 e 4 de xullo en Bexo e Eiro

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo; o alcalde do Concello de Pazos de Borbén, Luciano Otero; a concelleira de Cultura e Turismo de Teo, Mª Margarita Rosende; a directora do festival, Soledad Felloza; a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago, Míriam Louzao; a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o alcalde do Concello de Dodro, Francisco X. Castro; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lourenzo, e a directora xerente da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez

O alcalde do Concello de Outes, Francisco Calo; o alcalde do Concello de Pazos de Borbén, Luciano Otero; a concelleira de Cultura e Turismo de Teo, Mª Margarita Rosende; a directora do festival, Soledad Felloza; a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago, Míriam Louzao; a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o alcalde do Concello de Dodro, Francisco X. Castro; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lourenzo, e a directora xerente da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dodro

Dodro volverá formar parte este verán do Festival Atlántica de Narración Oral, que na súa edición de 2026 percorrerá 33 localidades galegas, entre elas Santiago, Teo, Outes, Ribeira, A Pobra ou Vimianzo, con máis de 75 funcións a cargo de 50 artistas. O alcalde, Xabier Castro, participou este luns na presentación oficial do certame.

As actividades no municipio desenvolveranse os días 3 e 4 de xullo, ambas ás 21.00 horas e en espazos ao aire libre.

Dúas narradoras en Dodro

A primeira cita será o 3 de xullo na Eira da Malla de Bexo, onde a narradora, antropóloga e educadora María da Pontragha presentará o espectáculo Donas do lugar. A artista destaca polo seu traballo de recuperación e actualización das historias populares e da tradición oral galega, cun especial interese polos relatos protagonizados por mulleres.

Ao día seguinte, o Pozo de Concheiro, ou do Liño, en Eiro, acollerá Historias raianas, unha proposta da narradora, cantante e investigadora andaluza Irene Reina. O seu traballo combina narración oral, música e investigación sobre romances, cantos e repertorios tradicionais, construíndo espectáculos que conectan patrimonio cultural e creación contemporánea.

O Festival Atlántica consolídase así como unha das principais citas da narración oral en Galicia, achegando a palabra contada a escenarios singulares e espazos con forte valor patrimonial e paisaxístico como os de Dodro.

Tracking Pixel Contents