Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CELEBRACIÓN

Ames a quen ames: o Concello celebra o Orgullo con actividades abertas

A programación inclúe obradoiros, entrega de premios, unha Holi Party e un xogo nocturno

Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ nunha edición anterior.

Celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ nunha edición anterior. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Ames

Co gallo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o Concello de Ames, a través dos departamentos de Igualdade e Xuventude, prepara un feixe de actividades para os días 26 e 27 de xuño na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns e no Paseo da Igualdade do Milladoiro.

Cartel promocional da Festa do Orgullo LGTBIQ+ en Ames.

Cartel promocional da Festa do Orgullo LGTBIQ+ en Ames. / Cedida

A festividade comezará o venres 26, ás 19.30 horas, na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns, con dous obradoiros. O primeiro estará enfocado ao deseño e elaboración de bolsas, mentres que o segundo estará orientado á confección de bandeiras conmemorativas. Todo isto, acompañado de música, flocos de millo e algodón de azucre. Para ambos talleres a participación será aberta e gratuíta, polo que non será preciso realizar ningunha inscrición.

Entrega de premios

Unha vez finalizados os obradoiros, ás 21.00 horas farase entrega dos premios do Concurso Fotográfico LGTBIQ+, que se levou a cabo no concello durante as últimas semanas, e que está enmarcado na campaña Ames a quen ames faino con orgullo. Para finalizar a xornada, celebrarase unha Holi Party, a festa das cores.

O sábado 27, a acción pasará ao Paseo da Igualdade, ao carón do pavillón do Milladoiro. Ás 20.00 horas comezará o obradoiro Somos cores e terá unha duración aproximada dunha hora. Unha hora despois terá lugar o gran xogo Símbolos na noite escura, para o que será precisa inscrición previa a través do código QR do cartel.

Esta actividade está pensada para persoas maiores de 13 anos. En caso de choiva, realizarase no anexo do pavillón municipal do Milladoiro.

Tracking Pixel Contents