SANIDADE
As mulleres de Carballo contarán con autobús gratuíto para o cribado de mama
A probas realizaranse no Hospital Abente y Lago da Coruña e ofrécense dous horarios de saída

Imagen de archivo de una mamografía. / QIQUE GARCÍA / EFE
A Xunta pon un servizo de autobuses gratuítos a disposición das veciñas do Concello de Carballo para facilitar a participación no cribado de cancro de mama.
A Consellería de Sanidade está a enviar mensaxes SMS ás citadas informando de que as probas para as mulleres de Carballo están programadas para todos os días hábiles do mes de xullo. A programación continuará ata mediados do mes de setembro, na unidade de exploración do Hospital Abente y Lago da Coruña.
Co fin de facilitar os desprazamentos, ofrécense dous horarios de saída. O primeiro para as mulleres citadas entre as 09.00 e as 10.00 horas e o segundo para as mulleres citadas das 12.30 en diante.
Lugares e horas de saída
Os lugares e horas das paradas dos autocares serán a Capela da Milagrosa (ás 8.00 e 11.15 horas), diante da estación de autobuses (ás 8.05 e 11.20 horas), na parada do bus da rúa Perú (ás 8.07 e 11.22 horas), na parada de bus da rúa Vázquez de Parga (ás 8.10 e 11.25 horas), e en Bértoa, diante da igrexa (ás 8.15 e 11.30 horas).
Os regresos organizaranse unha vez realizadas as exploracións.
O programa galego de detección precoz de cancro de mama diríxese a mulleres de 50 a 74 anos. A participación no cribado acadou o 84,8 % en 2024 en toda Galicia.
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Pierde la vida un trabajador en Negreira tras sufrir una caída en una obra
- La Xunta exige al Estado garantías 'por escrito' para que Galicia no pague 'una factura millonaria' por la AP-9
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas