ANDAINA
A Costa do Mar de Ovellas revive en Ames coa palabra de Rosalía
A ruta teatralizada reuniu 55 persoas e rematou cunha festa no local social de Trasmonte.

Momento dunha das recreacións teatrais que animaron a andaina. / Cedida
Redacción
O Concello de Ames, a través dos departamentos de Turismo e Normalización Lingüística, organizou un ano máis a ruta pola Costa do Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2026.
A andaina, teatralizada polo grupo Os Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco, xuntou 55 persoas. A ruta partiu de Augapesada e rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.

A regueifeira Lupe Blanco amenizando unha das paradas da andaina. / Cedida
A ruta estivo baseada no poema rosaliano A probiña, que está xorda...!., que se localiza nesa costa e está recollido no libro Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro cunha introdución explicativa da escritora e experta rosaliana María López Sández.
Escenarios vinculados a Rosalía
A obra afonda na relación entre as Terras da Maía e a propia vida e obra da autora. Así, no libro percórrense os distintos escenarios do concello amesán vinculados á vida e á obra da escritora. Entre eses escenarios atópanse o Pazo da Peregrina, os Muíños de Lapido, a casa paterna de Rosalía en Ortoño e a Costa do Mar de Ovellas, mencionada no poema.

Os Quinquilláns amenizaron teatralmente a ruta por terras de Ames. / Cedida
Durante o camiño fixéronse diferentes paradas nas que o grupo de teatro Os Quinquilláns e Lupe Blanco achegaron ás persoas asistentes á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co concello de Ames.
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La terraza a una hora de Santiago donde comer en un molino de 1754 casi sobre el río: con Solete Repsol y junto a una cascada
- Padrón desinfectará en profundidad las calles del casco urbano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Prisión para 23 de los 26 detenidos en la operación en la que se decomisaron 1.600 kilos de cocaína en Muxía
- De Arzúa a Ames, los concellos del cinturón compostelano viven una tarde irrepetible
- El eclipse en Santiago, una sinfonía en clave de sol
- El barrio de Sar en Santiago se prepara para sus fiestas grandes: 'Aquí coñecémonos practicamente todos, somos como unha gran familia