LAXE
Galicia sitúase á cabeza na monitorización da radiación ultravioleta con cinco estacións
A conselleira de Cambio Climático pide á poboación que consulte a información que ofrece MeteoGalicia

A conselleira e o alcalde, no centro, na praia urbana de Laxe. / X. G.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou, acompañada polo alcalde, Francisco Charlín, a praia urbana de Laxe, dende onde animou á poboación a consultar a información que ofrece MeteoGalicia sobre radiación ultravioleta para protexerse dos efectos do sol durante o verán e gozar das praias e das actividades ao aire libre dunha forma segura e responsable.
Salientou que nun contexto de cambio climático, no que os episodios de calor intensa e os períodos con elevados niveis de radiación solar son cada vez máis frecuentes, "resulta esencial adoptar hábitos de prevención para protexer a saúde".
Previsión por horas
Ademais, puxo en valor o esforzo que vén realizando MeteoGalicia para ofrecer información detallada sobre o índice ultravioleta para todos os concellos galegos con previsión hora a hora para o propio día e as dúas xornadas seguintes. Isto permite monitorizar de xeito completo a radiación ultravioleta, ofrecendo á cidadanía información de utilidade para coñecer a evolución do índice ao longo do día e saber cando a exposición é menos perigosa para a saúde.
Nesa liña, a conselleira lembrou que a radiación ultravioleta pode alcanzar niveis moi elevados mesmo en días con néboa ou con temperaturas moderadas, polo que "é importante adoptar medidas de protección independentemente da sensación térmica".
Cinco estacións de medición
Para ofrecer esta información, MeteoGalicia conta na actualidade con cinco estacións de medición desta cuestión, localizadas en Ribadeo, Ferrol, Marín, Baiona e Cervantes. Os datos están á disposición da cidadanía a través da páxina web do organismo.
"Esta rede sitúa a Galicia entre as comunidades autónomas con maior capacidade de monitorización deste fenómeno", incidiu Ángeles Vázquez.
MeteoGalicia está adherida desde o primeiro momento ao programa de comunicación de risco neste eido da Organización Mundial da Saúde e da Organización Mundial de Meteoroloxía. O seu labor, desenvolvido a través de sistemas avanzados de observación e predición, "resulta esencial para trasladar información útil e comprensible á poboación para protexer a súa saúde", concluíu a conselleira.
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad
- Las denuncias de los vecinos del Ensanche acaban con El Búnker: el Concello de Santiago decreta su cierre
- Dónde ver este martes el España-Francia del Mundial en Santiago: todas las pantallas gigantes
- Tres playas gallegas a menos de 2 horas de Santiago, entre las más bonitas de España este verano
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Atención si circulas por Santiago: esta céntrica calle permanecerá cortada hasta finales de agosto
- Netflix busca en Santiago figurantes para la tercera temporada de la serie ‘Animal’: estos son los requisitos que debes cumplir