Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Cee acolle a estrea de 'Escándalo en redacción', unha comedia que pon o foco no xornalismo

A compañía Estudo Momento realizará unha residencia artística no auditorio ceense

Víctor Castiñeira, esquerda, Iria Ares, Margot Lamela e Xoán Carlos Mejuto.

Víctor Castiñeira, esquerda, Iria Ares, Margot Lamela e Xoán Carlos Mejuto. / J. M. R.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cee

A compañía coruñesa Estudo Momento estreará en Cee a súa nova obra: Escándalo en redacción, que promete ser unha das grandes apostas da nova tempada teatral. A cita é o 19 de setembro no Auditorio Baldomero Cores, onde realizarán tamén unha residencia artística durante unha semana. As entradas xa están á venda e poden reservarse na plataforma Ataquilla.

O espectáculo foi presentado este venres polos protagonistas: Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto, que estiveron acompañados pola alcaldesa Margot Lamela, e o técnico de Cultura, Víctor Castiñeira.

Xoán Carlos Mejuto asegurou que o espectáculo "trata un dos temas centrais da nosa época: o xornalismo". Hoxe, engadiu, "está no centro de todas as miradas". As novas tecnoloxías e as novas formas de información "cambiaron o panorama, todo avanza a moita velocidade".

A relación coa verdade

Escándalo en redacción, sinalou, "reflexiona sobre todo isto en clave de comedia" e aborda tamén "a relación coa verdade, a construción do relato, o debate entre dato e relato e todo o conflito ético e moral que iso implica".

Asemade, o espectáculo introducirá por primeira vez en Galicia "a intelixencia artificial dentro do teatro a través dunha pantalla", indicou Iria Ares. Sinalou ademais que a obra "vai dialogar coa actualidade" xa que tentan "facer un teatro que teña sentido hoxe, que fale do presente, sempre en clave de humor".

Cultura que se pensa e constrúe

A alcaldesa subliñou que "acoller unha residencia artística deste nivel é moito máis que abrir as portas dun edificio, xa que significa apostar por un Cee vivo, dinámico, creativo e por un lugar onde non só se vive a cultura, senón que tamén se pensa, se constrúe e se fai realidade".

Supón ademais, engadiu Margot Lamela, "un importante reforzo para a nosa vila, xa que contribúe á dinamización cultural e social do municipio e posiciona a Cee como un referente no mapa cultural de Galicia".

TEMAS

Tracking Pixel Contents