Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OPOSICIÓN VECIÑAL

Nace Terra de Soandres para liderar a batalla contra o proxecto de biogás da Laracha

A nova asociación permitirá reforzar a defensa legal e administrativa fronte á planta industrial

Unhas duascentas personas asistiron á asemblea celebrada o domingo en Soandres.

Unhas duascentas personas asistiron á asemblea celebrada o domingo en Soandres. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Laracha

Uns 200 veciños e veciñas participaron na asemblea aberta convocada pola Plataforma Stop Biogás A Laracha, co obxectivo de compartir todas as accións e actividades realizadas dende que se coñeceu o macroproxecto, recoller ideas e propostas e comentar os novos pasos que pretenden dar para seguir loitando xuntos.

Á reunión tamén asistiron representantes políticos de diversos partidos, así como da Plataforma Biometano Deza.

Unha asociación veciña, ecoloxista e cultural

Na xuntanza acordouse crear unha asociación veciñal, ecoloxista e cultural Terra de Soandres, en resposta "á necesidade dunha maior estrutura formal e legal nas actividades e accións a realizar, e para persoarse no proceso administrativo e xurídico do proxecto do biogás en Soandres".

A asociación, aberta a calquera veciño que queira participar, conta xa cun correo electrónico propio e proximamente disporá de redes sociais propias e atenderá á cidadanía na escola unitaria da Revoltiña, na propia parroquia de Soandres.

Por outra banda, a asociación ten programadas para esta semana reunións co Concello da Laracha e co grupo parlamentario do PP, e agardan reunirse tamén "en breve" coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez.

Encontro Dexo Terra Viva

Esta mesma semana, van participar cun posto informativo no encontro Dexo Terra Viva que se celebrará en Dexo (Oleiros) o sábado 27 e domingo 28, no que se debaterán e compartirán diversas problemáticas que afectan ao territorio galego e no que haberá tamén obradoiros e actividades culturais.

Nas seguintes semanas están planeadas máis actividades como faladoiros, rutas de sendeirismo e incluso se plantexan impulsar un evento cultural público, con mesas redondas, concertos… no que ademais de reivindicar e seguir difundindo os perigos deste proxecto, se poidan recadar fondos para a causa e seguir creando comunidade entre a veciñanza afectada.

TEMAS

Tracking Pixel Contents