VERÁN 2026
Do Urban Camp ao Mercado de San Ramón: Zas programa dous meses de intensa actividade
As Torres do Allo volverán ser un dos epicentros do verán con música, visitas teatralizadas e exposicións

A música volverá soar este verán nas Torres do Allo. / Cedida
O Concello de Zas deseñou un verán cargado de propostas para promover un lecer saudable, accesible e participativo para nenos, nenas, mocidade, persoas adultas e familias. A iniciativa pretende tamén contribuír á conciliación da vida familiar e laboral e garantir que veciños e veciñas de todas as idades poidan gozar dun verán activo sen saír do municipio.
"O noso obxectivo é que todas as persoas teñan oportunidades para gozar do verán en Zas. Traballamos para ofrecer unha programación diversa, accesible e pensada para diferentes públicos, que permita ás familias conciliar e que, ao mesmo tempo, dinamice os nosos espazos públicos e o noso patrimonio", sinala o alcalde, Manuel Muíño.
Programación completa
A programación dará comezo o venres 3 de xullo no Coto de Baio coa Escola de Pesca dirixida por David Arcay, destinada a menores de idade sen licenza de pesca. A actividade celebrarase a partir das 10.00 horas e requirirá inscrición previa.
Ao día seguinte, o sábado 4 de xullo, a cativada poderá desfrutar dunha gran festa infantil no campo de fútbol e na piscina municipal de Zas. A partir das 16.00 horas haberá inchables, tobogáns acuáticos, festa da escuma e numerosas actividades lúdicas. A xornada completarase cunha edición de Música nas Torres, coa actuación de Boroa nas Torres do Allo desde as 20.00 horas.
O mesmo escenario acollerá Café concerto da Aula de Cámara Airas Nunes, o día 11 de xullo ás 19.00 horas. Ese mesmo día arrancarán tamén as Andainas de Verán, unha actividade que se repetirá os días 18 de xullo e 1 de agosto. Todas as rutas contarán con inscrición previa obrigatoria.

Cartel promocional das actividades de verán do Concello de Zas. / Cedida
O sábado 18 de xullo celebrarase o Concerto na Ponte, coa actuación de Lorelia na ponte de Brandomil a partir das 22.00 horas. Ao día seguinte, o domingo 19 de xullo, terá lugar o Día da Bici, con saída ás 10.30 horas desde a Praza do Concello. Será obrigatorio o uso do casco e a inscrición previa.
Entre o 20 e o 31 de xullo desenvolverase unha nova edición do Urban Camp, unha proposta destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2014. O programa inclúe dinámicas de grupo, xogos, danza, parkour e outras actividades de lecer activo. Celebrarase no Centro Sociocultural de Zas, de 10.00 a 14.00 horas, cun prezo de 10 euros e inscrición obrigatoria.
Aposta pola cultura e polo patrimonio
Do 3 ao 7 de agosto celebrarase a Semana Cultural, que incluirá música, monólogos, cinema, exposicións e obradoiros para diferentes públicos. A programación continuará o 13 de agosto coa actividade Observación Astronómica, guiada por Jorge Mira, cunha andaina nocturna de aproximadamente dous quilómetros. A saída está prevista para as 22.00 horas e será necesaria inscrición previa.
O 19 de agosto realizarase unha excursión ao Aquapark destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2017. O prezo será de 10 euros e incluirá o transporte, con saída ás 10.00 horas desde Zas e ás 10.15 horas desde Baio.
O deporte volverá ter un papel destacado o sábado 29 de agosto coa celebración do Trail Nocturno Cova do Lobo, que contará con modalidades de trail nocturno, pequetrail e andaina nocturna. As inscricións estarán dispoñibles a través da web de empa-t.com.
Mercado de San Ramón no Allo
A programación pecharase o domingo 30 de agosto cunha intensa xornada de actividades. As Torres do Allo acollerán o Mercado de San Ramón, que incluirá unha sesión vermú amenizada pola Charanga Benofan e un concerto infantil a cargo de Brais das Hortas. Ese mesmo día disputarase tamén a 35ª edición do Trofeo de Fútbol Concello de Zas no campo municipal San Andrés, a partir das 18.00 horas.
Ademais destas propostas, durante todo o verán desenvolveranse os cursos de natación nas piscinas municipais, dirixidos a todas as idades. As actividades serán gratuítas para as persoas que dispoñan do carné da piscina e requirirán inscrición previa.
Do mesmo xeito, as Torres do Allo manterán unha programación estable durante os meses de xullo e agosto con iniciativas como as visitas teatralizadas, o Escape Room do Allo e a exposición temporal Zas en Romaría, reforzando así o papel deste espazo patrimonial como un dos grandes referentes culturais do municipio.
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- Netflix busca en Galicia figurantes para rodar el final de ‘Clanes’ cerca de Santiago: esta es la profesión muy arraigada que piden
- PP y Espazo Común critican la falta de transparencia en la apertura del aparcamiento municipal de pago en Milladoiro