MÚSICA
Anxo Araújo trae a Cee o seu pop latino de autor polo Día Europeo da Música
O Club Arte e Movemento ofrecerá unha exhibición e repasará os éxitos acadados durante a tempada

Anxo Araújo actuará o sábado no Auditorio Baldomero Cores, en Cee. / Cedida
A Deputación da Coruña, no marco das celebracións do Día Europeo da Música, trae a Cee a unha figura emerxente no panorama musical galego: Anxo Araújo, que presentará, o sábado ás 22.00 horas no auditorio, o seu novo traballo: Viva a costa alentexana, co que continúa apostando por un pop de ritmos latinos.
Os sintetizadores, os ventos e os ritmos latinos seguen estando presentes nun traballo que aposta pola viveza e pola elegancia dun pop de autor en galego. Na súa curta traxectoria compartiu escenario con artistas como Depedro, Julieta Venegas ou La Bien Querida entre outros.

Cartel promocional do concerto de Anxo Araujo en Cee. / Cedida
O seu proxecto en solitario naceu en 2021 co seu primeiro disco Plan de urbanismo para un novo couto mixto, unha ópera prima introspectiva e persoal. Aprender a bailar (2024) é o seu segundo traballo, un disco cheo de sensibilidade que procura asilo nos ritmos de baile e na súa elegante voz.
En 2023 foi finalista dos Premios Martín Códax da música galega como mellor proxecto de pop indie.
Exhibición do Club Arte e Movemento
E o domingo, ás 17.00 horas no Auditorio Baldomero Cores, celebrarase a gala do Club Arte e Movemento, con exhibicións de baile, na que se fará balance dos éxitos acadados neste curso, entre os que destacan os acadados no Campionato Galego de Bailes Latinos e xa coa mirada posta no vindeiro Campionato de España que terá lugar en Guadalajara a primeiros do mes de xullo.
Ademais, durante todo este mes de xuño pode contemplarse na sala de exposicións a mostra pictórica Óleos en lámina de Fernando Lado.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- El Gobierno avisa a la UE: no aceptará las lenguas de la ampliación hasta que gallego, catalán y euskera sean oficiales