ACTO EN ZAS
Catro proxectos de emprendedores da Costa da Morte competirán na fase nacional de Tierra de Oportunidades
A convocatoria do GDR premiou propostas de Carnota, Coristanco, Vimianzo e Mazaricos.

O presidente do GDR, Manuel Muíño, cuarto esquerda, cos premiados. / Cedida
O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte e CaixaBank entregaron os premios da convocatoria de emprendemento rural Tierra de Oportunidades, nun acto celebrado en Baio (Zas) e que xuntou unhas 40 persoas, entre representantes das entidades e promotores premiados, socios e directivos do GDR.
Os proxectos premiados foron os de Lyra (Resurgo, S.L.), de Carnota, unha startup tecnolóxica que desenvolve produtos dixitais baseados en intelixencia artificial e que aposta por achegar a innovación ao medio rural; o Centro de Día Nicoli, de Coristanco, dedicado á atención de persoas maiores e dependentes e que destaca polo seu impacto social e pola creación de emprego na comarca; Ana Trasariz (Ana María Antelo Quintáns), de Baíñas (Vimianzo), unha marca artesanal sostible que fusiona o deseño contemporáneo coa tradición téxtil galega, promovendo a identidade local e a produción responsable; e Air Fervenza, de Mazaricos, un aloxamento turístico singular que ofrece experiencias vinculadas á natureza e ao territorio, distinguido pola súa viabilidade e sustentabilidade.
Innovación, xeración de emprego e desenvolvemento territorial
Estes galardóns recoñecen iniciativas emprendedoras que destacan pola súa capacidade de innovación, xeración de emprego e contribución ao desenvolvemento do territorio rural. Cada un dos proxectos recibiu unha axuda económica de 1.000 euros e participará na fase nacional do programa Tierra de Oportunidades de CaixaBank.
Durante o acto, púxose de manifesto a importancia de apoiar o emprendemento como ferramenta para dinamizar o rural, fixar poboación e crear novas oportunidades de futuro.
Formación, mentorías e novas oportunidades
Tras esta fase comarcal, as catro iniciativas incorporaranse ao concurso formativo El reto de Tierra de Oportunidades, no que participarán máis de 220 emprendedores de todo o Estado. A través deste programa, organizado en colaboración coa empresa social Rural Talent, recibirán formación, mentorías e novas oportunidades para impulsar os seus proxectos e aumentar a súa visibilidade.
A xornada concluíu cunha degustación de pinchos, nun espazo pensado para fomentar o encontro, o diálogo e o intercambio de experiencias entre os participantes.
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- Salgueiriños estrena una romería nacida entre amigos: «De momento levamos cartos perdidos»
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Vivir solo en Santiago, un lujo que requiere ingresos de al menos 1.800 euros netos
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro