Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Manifestos e lemas multicolor para celebrar o Orgullo LGTBIQ+ por toda a comarca

O Concello de Ames decorou as súas urbes cunha mensaxe multicolor de igualdade e o sábado organizou xogos e obradoiros

Na vila de Padrón incluiron para este domingo maquillaxe, teatro e actuación de Broken Peach na Praza de Macías

Membros da Corporación de Ames e o premiado pola mellor fotografía, sostendo o trofeo, coa bandeira multicor do orgullo e o lema

Membros da Corporación de Ames e o premiado pola mellor fotografía, sostendo o trofeo, coa bandeira multicor do orgullo e o lema / Concello

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Chega, un ano máis, o momento de celebrar a festa do orgullo LGTBIQ+, e concellos como Ames optaron, ademais dos actos institucionais, por decorar as urbes co lema da campaña Ames a quen Ames, faino con orgullo. E os manifestos a prol da igualdade, ademais das vabandeiras multicolor, foron tamén comúns en boa parte dos concellos.

Neste mesmo municipio, e a través da Concellaría de Igualdade, conmemoraron nesta fin de semana o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con actividades na explanada do pavillón municipal de Bertamiráns, que incluiron obradoiros, unha festa Holi Party e a entrega do premio do Concurso Fotográfico LGTBIQ+ ao seu gañador, Sergio Martínez Calvo.

Imaxe de Sergio Martínez gañadora do certame convocado en Ames polo día do orgullo

Imaxe de Sergio Martínez gañadora do certame convocado en Ames polo día do orgullo / Sergio Martínez

Obradoiros e xogos

Tamén tiveron este sábado continuidade as celebracións no Paseo da Igualdade do Milladoiro, ao carón do pavillón deste núcleo urbano Milladoiro. Deste xeito, ás 20.00 horas, comezará un novo obradoiro, que neste caso recibiu o nome Somos cores e tivo unha duración aproximada dunha hora. Xa ás 22.00 horas, estaba previsto o gran xogo Símbolos na noite escura, pensado para maiores de 13 anos.

Do mesmo xeito, o Concello de Dodro desenvolveu durante o mes de xuño a campaña Dodro con Orgullo con motivo da efeméride, e dentro do seu "compromiso coa igualdade, a diversidade e a inclusión", segundo o goberno socialista. A programación incluíu actividades educativas nos centros escolares, unha xornada cultural aberta á cidadanía, recomendacións literarias desde a biblioteca pública municipal e accións de visibilización, como a instalación de bancos coas cores da bandeira LGTBIQ+ e a rehabilitación do banco trans da Praza do Concello.

A campaña rematou cun acto institucional no que se reafirmou o compromiso municipal coa igualdade de dereitos, o respecto á diversidade e a loita contra a discriminación. Todas as actividades contaron coa colaboración da Deputación da Coruña.

Actos padroneses na efeméride

No caso de Padrón, a biblioteca municipal convida a descubrir novas historias con motivo do orgullo, e coincidindo coa conmemoración deste 28 de xuño, preparou unha coidada selección bibliográfica que achega á veciñanza obras que reivindican a diversidade e visibilizan a cultura LGTBIQ+. Para esa xornada, a do domingo, o Concello programou na Praza de Macías, en colaboración coa Xunta e o CIM, un obradoiro de maquillaxe ás 11.00 horas, titulado Rostros con orgullo e impartido por Meiga-i (que será quen presente e conduza o evento). A mediodía, obra de Migallas Teatro, Elas pintan moito, para dar paso á lectura do manifesto institucional ás 13.00 horas e actuación de Broken Peach ás 13.15 horas.

Abanos en Vimianzo e unha historia de amor en Ribeira

Pola súa banda, o Concello de Vimianzo conmemorou o Día do Orgullo LGBTIQ+ cun acto institucional no que a concelleira de Benestar Social, María José Pose, deu lectura ao manifesto institucional, acompañada polo alumnado e o equipo directivo do Obradoiro de Emprego CAMUVI Forestal, reafirmando o compromiso municipal coa igualdade, a diversidade e o respecto aos dereitos de todas as persoas.

No acto tamén se repartiron abanos da campaña Liberdade de ser e sentir, unha iniciativa promovida pola Deputación da Coruña para sensibilizar sobre a diversidade afectivo-sexual e de xénero e fomentar unha sociedade máis libre, igualitaria e inclusiva.

E en Ribeira, Ana Lampón Gude e Elena Rego Fernández, que casaron en xaneiro de 2025 como guinda aos 16 anos da súa historia de amor, exerceron de pregoeiras e presidiron, xunto coa alcaldesa, María Sampedro, o acto institucional.

A rexedora destacou que a de Ana e Elena é "unha historia de amor, si, pero tamén de perseveranza, de dignidade e de futuro, porque amar durante anos, construír unha vida en común e poder facelo publicamente, sen medo e sen pedir permiso, é tamén unha forma fermosa de liberdade".

Tracking Pixel Contents