CULTURA
Arte en vivo e música en directo: Lago-Mar converte Muxía nun espazo creativo este verán
Os artistas crearán as súas obras e impartirán obradoiros de reciclaxe, mandalas e palillo

A artista Agustina Shuan cunha das súas obras na Semana da Arte 2025. / Cedida
A Semana da Arte regresa ao cámping Lago-Mar de Muxía en xullo con artistas de distintas disciplinas que crearán a súa obra en vivo.
O sábado 4 de xullo impartirase un obradoiro de creación de taburetes da man de Sara Riveira, que ensinará a técnica tradicional de encordar taburetes con corda de algodón retorcida. As estruturas tamén están feitas por ela con madeira reciclada.
Catro días despois, o 8 de xullo terá lugar o obradoiro Mandala do Universo, con Lenita. Os participantes debuxarán as súas mans dentro dun círculo no que escribirán os seus desexos e ofrendas, ao tempo que escoitan música relaxante. E a Asociación de Palilleiras A Nosa Señora da Barca, de Muxía, impartirá un obradoiro de iniciación ao palillo o 9 de xullo.
As persoas interesadas en participar poden informarse das condicións a través do correo info@campinglagomar.es.
Ciclo de concertos musicais
Ademais, ao longo do mes de xullo no cámping Lago Mar, xestionado pola cooperativa cultural Horta Creativa, haberá concertos todas as semanas. Comezarán o día 3 co compositor Rodrigo Ramos e a súa mestura de pop-rock íntima e cargada de matices e significados.
Completan o cartel o trío Valerie's Site (día 4), Cachorro (día 5), Blues Moonshiners (día 7), Go Cactus (día 8), Mario Boville (día 9), Sambadelia (día 10), Cé Orquestra Pantasma e Os catro de Santa Bieta (día 11), Kreze (día 12), Caravananana (día 13), Isi Vaamonde (día 15), Diana Pombo (día 16), Leo & K-Chafaz (día 17), Pez Mago (día 18), Fito Mansilla (día 19), Braian de Palma (día 20), Minguante (día 21), Claudio H. (día 22), Picanha de Chernobil (día 23), Gazella (día 24), Catherine Vergnes (día 26) e Anxo Araújo (día 30).
Haberá tamén jam sessions, os días 27, 28 e 29 de xullo con Jorge Lorre & Friends e o 31 con Turnes & The Five Cents Blues Cousins.
Paralelamente, os domingos de xullo seguen os brunchs e as clases de ioga e pilates con Miriam Amado e Miriam Lado.
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- Santiago y sus rincones secretos: ya puedes inscribirte en las visitas de la Semana del Patrimonio Invisible
- Muere a los 102 años 'la señora Trini', fundadora de Casa Mallou y un referente en Amio: «Es una noticia muy triste para el barrio»
- Galicia se enfrenta a una nueva jornada de calor extremo: la Xunta mantiene la alerta roja por temperaturas de 40 grados
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro