Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MOSTRA DE ARTESANÍA

Do liño á olería: Vimianzo invita a descubrir os oficios tradicionais no castelo

A programación inclúe oito obradoiros entre xullo e setembro

Veciños e visitantes poderán aprender as técnicos de varios oficios artesanais.

Veciños e visitantes poderán aprender as técnicos de varios oficios artesanais. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

O Concello de Vimianzo impulsa Artesanía Viva 2026, unha programación de oito obradoiros participativos que se desenvolverán entre xullo e setembro para dinamizar a Mostra de Artesanía do Castelo e achegar os oficios tradicionais á veciñanza e ás persoas visitantes.

A programación estará impartida por artesás, artesáns e asociacións que forman parte da propia Mostra de Artesanía, permitindo ao público descubrir de primeira man os seus oficios e coñecer as técnicas tradicionais a través da práctica.

Cartel promocional dos obradoiros artesanais do castelo de Vimianzo.

Cartel promocional dos obradoiros artesanais do castelo de Vimianzo. / Cedida

Os obradoiros abordarán disciplinas como contas de vidro ao soprete, a olería de Buño, a arte de panillar, o tecido do liño, a elaboración de maquetas de embarcacións tradicionais e nasas ou a artesanía en palla. As actividades desenvolveranse os sábados entre o 11 de xullo e o 12 de setembro, complementando a programación habitual da Mostra de Artesanía.

A iniciativa busca crear un espazo de encontro entre artesáns e visitantes, favorecendo a transmisión dos oficios tradicionais e poñendo en valor o patrimonio artesanal galego nun enclave tan emblemático como o Castelo de Vimianzo.

Inscricións na páxina web municipal

Os obradoiros contarán con 12 prazas por sesión, agás o de contas de vidro, limitado a oito participantes polas características da actividade. Están dirixidos a persoas adultas e a menores a partir de 8 anos acompañados. As inscricións poden realizarse a través da páxina web www.vimianzo.gal/turismo.

Con Artesanía Viva 2026, "o Concello de Vimianzo reforza a programación da Mostra de Artesanía, converténdoa nun espazo non só para admirar o traballo das artesás e artesáns, senón tamén para aprendelo e vivilo en primeira persoa, consolidando o castelo como un referente da cultura e dos oficios tradicionais durante o verán", subliñan dende o goberno local.

TEMAS

Tracking Pixel Contents