INFRAESTRUTURAS
Novo impulso á estrada de Val do Dubra a Santiago: obras por 1,15 millóns de euros
As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 22 de xullo

As obras completarán a renovación da estrada DP-7804. / D. C.
J. M. Ramos
A Deputación da Coruña vén de sacar a licitación as obras de mellora do firme da estrada provincial DP-7804, de Val do Dubra a Santiago, no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 19+000 e 22+760, no termo municipal de Santiago de Compostela.
O proxecto conta cun orzamento de 1.150.848,02 euros e permitirá completar as obras de ampliación e mellora do trazado. O obxectivo "é ofrecer unha vía máis segura, moderna e adaptada ao elevado volume de tráfico que soporta esta conexión entre Santiago e Val do Dubra", subliñan dende a Deputación.

Un dos tramos da estrada de Val do Dubra a Santiago. / D. C.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 22 de xullo. Unha vez adxudicada, a obra terá un prazo de execución de cinco meses, contado desde a sinatura da acta de comprobación do replanteo.
Os traballos previstos inclúen a apertura de cunetas e limpeza de paseos, o fresado e reposición do firme nas zonas de travesía, o parcheo de fochancas e o estendido dunha dobre capa de mestura bituminosa en quente, de 5 e 6 centímetros de espesor, ao longo da calzada. No tramo de travesía executarase unha única capa de rodadura de 5 centímetros.
Remate dunha mellora integral
A actuación complétase coa mellora da drenaxe nos puntos nos que se producen filtracións de auga e a renovación da sinalización horizontal e vertical.
Con esta intervención, a Deputación completará unha mellora integral deste tramo da rede viaria provincial, reforzando a seguridade, a comodidade da circulación e as condicións de visibilidade nun dos principais accesos entre Santiago e Val do Dubra.
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Las fiestas de a Nosa Señora da Mercé de Conxo vuelven con música, pulpo y un emotivo homenaje a Kiko Fernández
- Christian Gálvez vuelve a Galicia: «Elegí Jacob para el ‘prota’ del libro que abre la saga como homenaje a Santiago»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- La infracción de tráfico más repetida en Santiago deja más de 600 denuncias en solo un año
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- El delegado del Gobierno sobre la transferencia de la AP-9 a Galicia: 'Creo que seremos capaces de llegar a un acuerdo
- «É unha máis da familia»: el quinto verano de Mariam en Ames