O Pino organiza o segundo concurso de murais con motivo da Festa do Galo Piñeiro
A zona elixida para facer o graffiti é un lateral do CPI Camiño de Santiago, na rúa do Peregrino
A persoa gañadora recibirá 2.000 euros de premio, ademais da pintura

Vista parcial do mural gañador da pasada edición do certame. / Cedida
O Concello do Pino mantén a súa aposta pola arte urbana para decorar espazos públicos e convoca o segundo concurso de murais, coincidindo coa celebración da Festa do Galo Piñeiro os días 1 e 2 de agosto.
A este certame, dotado cun premio de 2.000 euros, ademais da pintura necesaria, poderán presentarse persoas maiores de 16 anos residentes en España que acrediten experiencia no pintado de graffitis.
O obxectivo deste concurso é visibilizar, a través das técnicas do graffiti e mediante a creación dun mural urbano, as características que rodean o concello do Pino.
Ao igual que na primeira edición, as persoas participantes este ano deberán presentar propostas relacionadas co Pino como última etapa do Camiño Francés ou coa Festa do Galo Piñeiro, declarada de Interese Turístico de Galicia.
Os artistas que queiran participar neste II Concurso de Murais do Concello do Pino, unha vez que saia publicado no Boletín Oficial da Provincia o extracto da convocatoria, terán un prazo de dez días hábiles para remitir as súas propostas ao Concello, xunto con fotografías de traballos que xa fixeran previamente para acreditar a súa técnica e cualificación.
Un xurado formado por cinco persoas será o encargado de elixir a persoa gañadora do certame, que deberá rematar o seu traballo antes do 31 de xullo de 2026, se ben esta data ten carácter estimativo e poderá ser modificada por acordo entre o Concello e o artista.
O graffiti deberá pintarse no muro situado no lateral exterior das instalacións do Colexio Público Integrado Camiño de Santiago, na rúa do Peregrino, un espazo de elevada visibilidade e tránsito peonil e rodado, ao carón dunha beirarrúa pavimentada que dá acceso ao centro de saúde e á casa da cultura, fronte a unha área de estacionamento público.
Trátase dunha parede de 2,50 metros de alto por uns 33 metros de longo.
As obras terán que ser orixinais do artista e inéditas, de xeito que non fosen recreadas nunha parede con anterioridade nin premiadas noutros concursos.
O Concello do Pino entregaralle un premio en metálico de 2.000 euros á persoa gañadora desta segunda edición, e asumirá tamén os gastos da pintura (ata un máximo de 1.000 euros) ademais de facilitar os sistemas necesarios (escadas) para acceder á área onde plasmar a obra.
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Avalancha de solicitudes para ayudas a la vivienda con 410 pisos en ciernes en la comarca: 'É o máis importante da miña vida
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Así es la pizzería de Santiago que se cuela entre las 100 mejores del mundo
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete
- ¿Cuánto subirán las pensiones en Galicia en 2027? El IPC ya permite hacer una estimación
- Vuelve el calor veraniego a Galicia: los termómetros superarán los 30 grados este fin de semana