Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ACTIVIDADES

Monicreques, foliada, campamentos, festas e rutas ao Monte Pindo no verán de Dumbría

A programación inclúe a Foliada das Neves e a tradicional Festa da Familia de Berdeogas

Participantes nunha subida ao Monte Pindo guiada por Pepe do Fieiro.

Participantes nunha subida ao Monte Pindo guiada por Pepe do Fieiro. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Dumbría

Exposicións, obradoiro, monicreques, campamentos, espectáculos, foliada e a gran Festa da Familia de Berdeogas son os ingredientes que ofrece o Concello de Dumbría para gozar do mes de xullo.

Cartel de actividades para o mes de xullo en Dumbría.

Cartel de actividades para o mes de xullo en Dumbría. / Cedida

O espazo cultural do Conco acollerá do 7 ao 10 de xullo unha exposición de títeres, impartirase un obradoiro para adultos e un videofórum, da man de Títeres Barriga Verde e a Asociación Morra o Demo.

Foliada das Neves

O sábado 11 celebrarase a Foliada das Neves en Buxantes a partir das 19.00 horas, coas actuacións da ARC Fonte Santa e os Gaiteiros de Buxantes. O martes 14 no Conco, a compañía Babaluva Teatro presentará o espectáculo de monicreques A filla do Cacharulo (11.00 horas) e o venres 17 no mesmo escenario Carmen Domech protagonizará a narración oral Petróglifos (11.00 horas).

O domingo 19 chegará unha das citas máis esperadas do verán: a Festa da Familia, na carballeira de Berdeogas.

Cartel promocional das rutas ao Monte Pindo.

Cartel promocional das rutas ao Monte Pindo. / Cedida

Os nenos e nenas poderán gozar de campamentos infantís os días 21 e 22 de xullo amenizados co teatro e contacontos de Culturactiva, a partir das 11.00 horas.

O domingo 26 en Olveiroa a compañía Muu presentará o espectáculo familiar Cruunch 2, e o mes de xullo pecharase co contacontos musical A Corva, da man da Cova das Letras. A cita é no Conco ás 11.00 horas.

Subidas ao Monte Pindo

Asemade, o Concello de Dumbría organizará durante os xoves e sábados dos meses de xullo, agosto e setembro rutas guiadas ao Monte Pindo.

TEMAS

Tracking Pixel Contents