Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Casa Museo de Rosalía abre fiestras en Padrón con música, monólogos, ciencia e literatura o 12 de xullo

A xornada de portas abertas inclúe grupos como De Vacas, Coro da Ra, Pecha a Cansela e Cé Orquestra Pantasma na Matanza

Tamén falarase do eclipse, e presentarán publicacións Manuel Rivas, Ana G. Liste, Anxos Sumai, Pepe Barrro e Pilar García Negro máis Axeitos

Valentín García, pola esquerda, con Natividade González, Anxo Angueira e Anxo Arca co cartel na Matanza

Valentín García, pola esquerda, con Natividade González, Anxo Angueira e Anxo Arca co cartel na Matanza / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Padrón

Arrinca a oitava edición do festival Abride a Fiestra, que terá lugar o vindeiro domingo 12 de xulloda man da Fundación Rosalía de Castro en Padrón. Como é tradicional, o evento acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central e, entre os protagonistas musicais, estarán De Vacas, Coro da Ra, Pecha a Cansela e Cé Orquestra Pantasma para os nenos; o cómico Federico Pérez Rey; e os escritores Manuel Rivas, Anxos Sumai, Pepe Barrro e Pilar García Negro máis Axeitos, entre outros.

Máis de vinte actividades

Así, nunha xornada de portas abertas de 11 da mañá ata 11 da noite o xardín, a casa-museo e o auditorio acollerán máis de vinte actividades. Precisamente, na horta terán lugar os concertos e o contacontos de Federico Pérez Rey, alén da charla sobre o eclipse e o obradoiro de construción de caixas para ver eclipses impartido por Martin Pawley. Para os máis pequenos, co patrocinio de Deleite, haberá xogos populares, un concerto de Cé Orquestra Pantasma, a contacontos Inma Soto con 'Xela a superheroína da aldea' e unha visita guiada con xogos didácticos O sombreiro de Murga, da man de Rita Bugallo.

Na propia Casa-Museo tamén desenvolveranse visitas guiadas por persoeiros, como a profesora Carme Hermida, Martin Pawley e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón; ademais de Miguel Lois, que a realizará sobre o reformado Xardín de Rosalía. E no auditorio haberá varias actividades literarias: Manuel Rivas presentará coa xornalista Ana G. Liste a súa última novela, 'Tras do ceo'; Pilar García Negro e Xosé Luís Axeitos presentarán o nº 10 da revista Follas Novas de estudos rosalianos; a escritora Anxos Sumai presenta nunha conversa con Carme Vidal o seu novo libro, A nena de xeo; e Pepe Barro fará o propio co seu último traballo que reúne o total da súa traxectoria como o máis referencial dos deseñadores galegos, O libro de Barro.

Cata e talentos locais

Ademais haberá unha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola. Tamén haberá posibilidade de xantar na propia Horta da Casa da Matanza, un evento que estará amenizado polo DJ Peter Sélek. Como un dos obxectivos do festival é promover o talento emerxente local, haberá varios artistas da comarca: desde a banda de Dodro Pecha a Cansela ata a fotógrafa de Pontecesures Icía García, que presenta a mostra Contrarreloxo, pasando pola escritora de Catoira Anxos Sumai.

Autoridades na presentación

A programación foi presentada a propia Casa-Museo por Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; Natividade González, responsable de Cultura da Deputación da Coruña; Anxo Arca, alcalde de Padrón; e Valentín García, secretario xeral de Lingua. Este festival é posible grazas ao apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Padrón, a Xunta de Galicia, Paco&Lola, Deleite e Gadis.

TEMAS

Tracking Pixel Contents