Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cortan os ramais do enlace de Urdilde, en dirección Santiago, polas obras no corredor Brión-Noia

Trátase da execución do treito de 4,9 quilómetros, á que a Xunta destina un investimento de 11,2 millóns de euros

Para o ramal de saída do enlace de Urdilde cara á CG-1.5 o tráfico deberá continuar pola AC-543 ata a saída da avenida dos Ánxeles.

Para o ramal de saída do enlace de Urdilde cara á CG-1.5 o tráfico deberá continuar pola AC-543 ata a saída da avenida dos Ánxeles. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Rois

As obras de conversión en autovía da vía de altas prestacións Brión-Noia (CG-1.5) farán preciso a partir deste luns, día 6, o corte dos ramais do enlace de Urdilde, no concello de Rois, en sentido Santiago.

En concreto, trátase de avanzar nos traballos necesarios no treito de 4,9 quilómetros, entre Brión e o enlace de Urdilde, aos que a Xunta destina un investimento dos 11,2 millóns de euros.

O obxectivo desta parte da obra é modificar os ramais existentes da CG-1.5 para adaptalos á nova configuración da autovía. Para iso, deberán demolerse os tramos iniciais dos ramais actuais.

A programación inicial estimada dos novos traballos estenderase desde o luns 6 de xullo ao vindeiro 24 de agosto, período durante o que deberán permanecer pechados os ramais do enlace de Urdilde da calzada esquerda, entre os puntos quilométricos 14+720 e 15+340, en sentido Santiago.

Durante a execución desta intervención, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar os usuarios da vía a través dos itinerarios alternativos indicados. Neste caso, a distancia para percorrer e a duración do traxecto con respecto ao itinerario actual non se verán afectados.

Os desvíos

Para o ramal de acceso ao enlace de Urdilde, o tráfico desviarase pola saída 19, correspondente ao enlace de Martelo, situado no punto 19+100, aproximadamente 4 km antes do enlace de Urdilde, continuando posteriormente pola AC-543.

Para o ramal de saída do enlace de Urdilde cara a CG-1.5, o tráfico deberá continuar pola AC-543 ata a saída da avenida dos Ánxeles, correspondente á AC-451, para incorporarse posteriormente á autovía.

TEMAS

Tracking Pixel Contents