Ames activa a pavimentación das vías peonís interiores da urbanización Aldea Nova
A actuación contempla tamén a reparación das escaleiras existentes entre as rúas Ribeira e Salgueiroas

Vías peonís da urbanización Aldea Nova. / Cedida
O Concello de Ames continúa o seu investimento nas infraestruturas das parroquias e dos núcleos urbanos coa adxudicación das obras de pavimentación e mellora dos camiños peonís interiores existentes na urbanización Aldea Nova (Ortoño).
O proxecto foi adxudicado á empresa SYR-AMG S.L. por un importe de 175.536,15 euros (IVE incluído).
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, explica que as obras están incluídas no POS+ Adicional de 2025.
O edil lembrou que en 2023 executouse a mellora da pavimentación dos viarios interiores desa urbanización, sufragada a través do Plan Ames Progresa 2021-2023. Nestes dous proxectos investiranse preto de 400.000 euros.
Actuacións previstas no proxecto
A través de dito proxecto está prevista a pavimentación e mellora dos camiños peonís interiores existentes na urbanización Aldea Nova con 15 centímetros de formigón con mallazo, previa apertura de caixa e extensión de 10 centímetros de zahorra.
Para a recollida das augas pluviais nestes camiños prevese a colocación de reixas de formigón polímero con reixa de fundición e a canalización de tubaxe de 250 milímetros, previa escavación de gabia, coa correspondente conexión á rede existente.
Ademais, contémplase a reparación das escaleiras existentes entre as rúas Ribeira e Salgueiroas mediante a colocación dunha nova varanda con pasamáns ancorada sobre zuncho de formigón armado, cunhas dimensións de 10 por 15 centímetros, previa a demolición dos petos de bloque existentes e a retirada de enreixados.
Tamén se prevé a limpeza dos paramentos das escaleiras e a súa reparación superficial.
- El alcalde de Ames califica de excepcional la escasez de agua y pide tapar provisionalmente la fuga en la presa de A Ponte Maceira
- La terraza a una hora de Santiago donde comer en un molino de 1754 casi sobre el río: con Solete Repsol y junto a una cascada
- Padrón desinfectará en profundidad las calles del casco urbano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Prisión para 23 de los 26 detenidos en la operación en la que se decomisaron 1.600 kilos de cocaína en Muxía
- De Arzúa a Ames, los concellos del cinturón compostelano viven una tarde irrepetible
- El eclipse en Santiago, una sinfonía en clave de sol
- El barrio de Sar en Santiago se prepara para sus fiestas grandes: 'Aquí coñecémonos practicamente todos, somos como unha gran familia