Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PROXECTO TALKO

Microscopios, pole fósil e cheo absoluto nos obradoiros científicos de Carballo

O programa, impulsado polo Concello e a Universidade da Coruña, achega á ciencia á cidadanía

Un momento do obradoiro impartido no centro social de Imende.

Un momento do obradoiro impartido no centro social de Imende. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Carballo

O programa de sensibilización ambiental Eu quero Razo-Baldaio, de Carballo, arrincou a súa programación colgando o cartel de completo en ambas as dúas convocatorias e espertando a fascinación de veciños e veciñas de moi diversas xeracións.

Da man do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e Paleobioloxía (GRICA-BIOpast) da Universidade da Coruña (UDC), as parroquias de Lema e Noicela convertéronse en laboratorios da ciencia de proximidade.

Participantes no obradoiro impartido en Lema.

Participantes no obradoiro impartido en Lema. / Cedida

A fin de semana ofreceu unha dobre proposta que combinou historia ambiental e xeoloxía interactiva. No centro social de Lema, nenos, nenas e maiores, conducidos polos científicos Roberto Bao e Luisa Santos, achegáronse aos microscopios para aprender a ler os "rexistros do pasado" nunha sesión sobre paleoecoloxía.

A través do pole fósil, os asistentes descubriron como os cambios pretéritos axudan a comprender a evolución actual dos ecosistemas e as transformacións ambientais ao longo dos séculos.

A ciencia máis práctica e visual trasladouse o domingo ao centro social de Imende (Noicela) cun obradoiro centrado na cristalografía. Os participantes puxéronse mans á obra para experimentar de primeira man os procesos físico-químicos que dan lugar ás estruturas xeolóxicas.

Un grupo de vecinas realizando experimentos científicos en Imende.

Un grupo de vecinas realizando experimentos científicos en Imende. / Cedida

nesta sesión, Roberto Bao estivo acompañado polo xeólogo Armand Hernández, director do GRICA-BIOpast, un equipo de científicos da UDC que centra o seu labor na investigación do cambio climático. Á cita tamén se sumou o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, quen quixo apoiar á veciñanza nesta experiencia formativa.

Ademais de aprender a formular e sementar os seus propios cristais, os participantes de Imende abriron unha pequena conta atrás. Agora tocará agardar con paciencia uns días a que a química faga o seu traballo e os cristais medren nos seus recipientes, momento no que volverán ao centro social para recoller as súas creacións e comprobar o resultado definitivo.

Desde 8 ata máis de 70 anos

Co éxito destas dúas primeiras xornadas, nas que participaron 37 persoas de todas as idades, desde os oito ata os máis de setenta anos, e maioritariamente mulleres, "o programa Eu quero Razo-Baldaio e o proxecto TALK0 reafirman o seu compromiso de achegar a ciencia á cidadanía dun xeito accesible, ameno e apaixonante, demostrando que o coidado e a comprensión do noso patrimonio natural comeza polo coñecemento compartido", subliñan dende o Concello.

Estas actividades constitúen o punto de partida do programa e están integradas no Proxecto Talento km0 (TALK0), unha iniciativa que conta con financiamento da Unión Europea co obxectivo de democratizar o coñecemento científico, promover o talento e os recursos locais e fomentar as vocacións científicas.

Tracking Pixel Contents