PATRIMONIO
Zas consolida a calzada romana de Brandomil e reforza a protección dun xacemento clave de Galicia
A intervención complementa as campañas de escavación en Pedra do Altar

O Concello de Zas consolidará a calzada romana de Brandomil. / Cedida
O Concello de Zas iniciou as obras de consolidación da calzada romana de Brandomil, unha nova actuación encamiñada á conservación e posta en valor dun dos conxuntos arqueolóxicos máis relevantes de Galicia.
A intervención permitirá garantir a conservación deste elemento patrimonial e complementar o traballo desenvolvido nos últimos anos no conxunto arqueolóxico.
Máis de 100.000 euros en patrimonio arqueolóxico
Con esta intervención, o investimento municipal destinado ao patrimonio arqueolóxico de Brandomil supera xa os 100.000 euros, unha cifra que inclúe tanto estas obras de consolidación como o financiamento das diferentes campañas de escavación desenvolvidas no xacemento romano de Pedra do Altar.
As escavacións, financiadas polo Concello de Zas, permitiron sacar á luz os vestixios dun importante asentamento romano no que destaca unha posible domus de época altoimperial, datada entre os séculos I e II da nosa era.
Preservar para as futuras xeracións
O alcalde, Manuel Muíño, destaca que "o patrimonio histórico é unha das grandes riquezas do noso municipio e temos a responsabilidade de conservalo e poñelo en valor para as xeracións futuras".
Neste sentido, subliña que "o esforzo económico realizado polo Concello demostra o compromiso decidido con Brandomil e coa recuperación dun legado arqueolóxico de enorme importancia, tanto desde o punto de vista histórico como cultural e turístico".
Muíño sinala ademais que "cada actuación que levamos a cabo permite avanzar no coñecemento da nosa historia, polo que seguiremos apostando por impulsar proxectos que contribúan á protección, investigación e divulgación deste excepcional patrimonio".
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»