EXPOSICIÓN
As aves da Costa da Morte voan en Cee con 'alas de madeira' da man de Manuel Canosa
A mostra reúne unha colección de paxaros policromados, entre eles unha especie extinguida

Manuel Canosa no acto inaugural da exposición 'Alas de madeira' en Cee. / Cedida
A casa de cultura de Cee acolle a exposición Alas de madeira, do artesán e exdocente do IES Fernando Blanco, Manuel Canosa Santamaría. Unha mostra de paxaros de madeira policromados que convida a achegarse á natureza e á fauna da Costa da Morte.
Na presentación da exposición, Manuel Canosa asegurou que sempre lle gustou traballar coa madeira, xa desde a infancia, aínda que ao longo da súa vida tamén traballou con outros materiais, entre eles os dentes de cachalote que lle entregaban algúns dos empregados da factoría baleeira de Caneliñas.

Manuel Canosa con dous dos paxaros expostos en Cee. / Cedida
Manuel optou por resolver a disputa dos artistas Miguel Anxo e Leonardo respecto de que arte é máis importante, a pintura ou a escultura, unindo os dous mundos e outorgándolles unha vida e personalidade únicas aos seus paxaros policromados.
Na súa colección destaca unha peza especial, a dun paxaro que xa está extinguido pero que puido recrear grazas a unha reprodución que se conserva no Museo de Paleontoloxía de Castela - A Mancha.
Para darlles forma aos seus paxaros, Manuel Canosa optou por madeira de buxo e castiñeiro, principalmente, "que garda nas súas vetas a memoria dos nosos montes, a mesma terra que sostén as árbores onde as aves aniñan e cantan".

A exposición 'Alas de madeira' pode verse na casa da cultura de Cee. / Cedida
O técnico de xestión cultural de Cee, Víctor Castiñeira, que interveu en nome da alcaldesa, que non puido asistir, destacou que "as obras que nos rodean non son só representacións de aves; son o resultado dun diálogo paciente entre a materia e a cor. Cada unha destas pezas comezou como un bloque de madeira basto, un anaco de árbore que, baixo a mirada e as mans de Manolo, foi revelando a súa alma escondida".
Cada peza, engadiu, "é un exercicio de paciencia, observación e destreza técnica. Os matices da cor non só buscan replicar a natureza, senón capturar a luz e a esencia vital de cada especie".

As netas de Manuel amenizaron o acto con música de violín. / Cedida
Alas de Madeira, subliñou, "é un refuxio artístico onde como espectadores podemos achegarnos á fraxilidade e beleza das aves da Costa da Morte. Estes paxaros lévannos a outros tempos, xa que, por desgraza, algunhas das especies xa son moi difíciles de ver", remarcou.
O acto inaugural tivo tamén a súa parte emotiva. As netas do artesán, Mariña e Ana López Canosa, abriron o acto interpretando o Vals do Danubio Azul ao violín, e Ana, puxo o broche cunha fermosa e brillante interpretación de Lela, que mereceu o aplauso unánime do numeroso público, entre o que se atopaba Xosé M. Penas Patiño, coautor da recoñecida obra de referencia neste eido, Guía das aves de Galicia.
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Éxito rotundo: la práctica totalidad de las 34 viviendas subastadas en Palmeira ya tienen dueño
- De Mazaricos a Trazo, Touro o Santa Comba: Galicia ya tiene 68 municipios con más vacas que vecinos
- Radiografía del lujo en Santiago: una veintena de viviendas a la venta por más de un millón de euros
- Boqueixón vende ya el equivalente a 850 bañeras de agua al día a Touro para asegurar la traída de centenares de vecinos
- El Monbus Obradoiro ata a Leo Meindl como primer fichaje para su regreso a la ACB
- Ames presenta el cartel de las fiestas de Bertamiráns y Milladoiro