PATRIMONIO
Un castro animado: Borneiro viaxa ao pasado con recreacións históricas
A cita inclúe degustacións gastronómicas, artesanía e música

Actividades na Cidá de Borneiro na última edición do Castro Animado. / Cedida
O Concello de Cabana de Bergantiños programou para o sábado 11 de xullo, unha nova edición do Castro Animado, que devolverá a vida ao recinto castrexo da Cidá de Borneiro.
Os asistentes mergullaranse na forma de vida dos antigos poboadores dos castros a través dunha variedade de propostas lúdicas. Entre elas figuran un encontro e interacción cos habitantes doutros castros, así como unha recreación na croa do castro que permitirá reconstruír escenas da vida cotiá deste asentamento.

Cartel promocional do Castro Animado de Borneiro, en Cabana. / Cedida
A gastronomía terá un papel destacado, cunha degustación de produtos cabaneses acompañados de bebidas castrexas. Ademais, o público poderá gozar de mostras de artesanía e cerámica, xogos populares a cargo de Miudiño e unha recreación histórica da man do Clan de Breogán.
Actuacións musicais
A música asumirá tamén un protagonismo especial ao longo da xornada, coas actuacións dos Farrapos, As Lerchas, As Cantareiras de Anos, Son de Cabana e Felipe Mourelle. A xornada completarase coa animación de Cé Orquestra Pantasma e a actuación de A Vela Circo.

Un momento da última edición do Castro Animado na Cidá de Borneiro. / Cedida
Con esta programación, a cita combinará historia, cultura e lecer nun enclave patrimonial de referencia, como é o castro da Cidá de Borneiro. Dende o Concello de Cabana animan á veciñanza a participar "nunha proposta que pon en valor un dos xacementos emblemáticos do municipio e a gozar dunha tarde de convivencia veciñal arredor da cultura castrexa".
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- Varios detenidos en una operación contra el narcotráfico en Muxía
- Laureano Oubiña estalla tras el veto de la Xunta a su ruta del narcotráfico: 'Quieren que vuelva a las andadas