INFRAESTRUTURAS
Demandan unha variante para sacar o tráfico do centro do lugar da Torre de Laxe
O BNG pide á Deputación que elabore un estudo de viabilidade
Reclama tamén medidas para reducir a velocidade en Coéns

O BNG considera prioritario retirar o tráfico polo centro do núcleo da Torre. / Google Maps
O BNG de Laxe solicita á Área de Vías e Obras da Deputación da Coruña actuacións que melloren a seguridade viaria e a calidade de vida da veciñanza dos núcleos da Torre e de Coéns, ambos atravesados pola estrada provincial DP-4001.
A formación nacionalista considera prioritario facer realidade unha variante ou circunvalación que permita sacar o tráfico de paso do centro da Torre, "un núcleo onde as vivendas se atopan practicamente a pé de estrada e no que o aumento continuado da circulación, especialmente de vehículos pesados, incrementou notablemente os riscos para a veciñanza".
Analizar alternativas
Con tal fin, a portavoz do BNG de Laxe, Cristina Vázquez, solicita que os servizos técnicos da Deputación elaboren un estudo de viabilidade que analice as distintas alternativas posibles e que, unha vez definida a opción máis axeitada, se redacte o correspondente proxecto para incorporalo á planificación de investimentos do organismo provincial.
Arranxo da marquesiña
A iniciativa inclúe tamén peticións para o núcleo de Coéns, onde se demanda a adopción de medidas que permitan reducir a velocidade dos vehículos ao seu paso polo lugar, así como o arranxo e acondicionamento da marquesiña da parada de autobús, atendendo ás demandas trasladadas pola propia veciñanza.
Cristina Vázquez afirma que "a Deputación non pode seguir mirando para outro lado ante unha situación que leva anos preocupando á veciñanza". Subliña que a construción dunha variante na Torre "non é un capricho, senón unha actuación de planificación necesaria para compatibilizar a mobilidade coa protección dun núcleo habitado".
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Bamio despide mañana a la concejala Ana Castro, fallecida en Padrón a los 50 años
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- National Geographic elige un rincón a una hora de Santiago como una de las siete maravillas naturales para visitar en agosto