DUMBRÍA
Luz, auga e emoción: volven os espectáculos audiovisuais á fervenza do Ézaro
Celebraranse os venres e sábados de xullo, agosto e setembro, de 22.30 a 00.30 horas

Fervenza do Ézaro iluminada. / Cedida
A máxica fervenza do Ézaro (Dumbría) recupera a partir do venres os espectáculos audiovisuais que iluminarán e darán vida á desembocadura do río Xallas no Atlántico.
Baixo o lema O eco do Ézaro, a fervenza iluminarase de 22.30 a 00.30 horas todos os venres e sábados de xullo, agosto e setembro ata o 19 deste último mes.

Cartel promocional dos espectáculos audiovisuais da Fervenza do Ézaro. / Cedida
Trátase dun espectáculo que reforza o atractivo dun dos espazos máis visitados e singulares da Costa da Morte, no que veciños e visitantes poden gozar tamén de múltiples propostas de lecer e exposicións artesanais.
Ademais, ao pé da fervenza sitúase a única oficina de información turística do xeodestino que está operativa durante todo o ano.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames