Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

OBRAS

Máis de 900.000 euros para mellorar saneamento, turismo e seguridade viaria en Coristanco

As intervencións inclúen a instalación de máis de 130 sinais e a reurbanización de viarios en Xaviña

Os novos saneamentos dan servizo a 170 persoas e permitiron eliminar tres puntos de vertido.

Os novos saneamentos dan servizo a 170 persoas e permitiron eliminar tres puntos de vertido. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Coristanco

O Concello de Coristanco completou, nas últimas semanas, sete actuacións que supoñen, no seu conxunto, un investimento superior aos 900.000 euros.

As tres primeiras intervencións corresponden a obras de saneamento nos lugares de Nogueira, Rodeiro e Carantos, cun investimento conxunto de 175.000 euros. Estas actuacións dan servizo a 170 persoas e permitiron eliminar tres puntos de vertido.

Outra das actuacións é o proxecto de sinalización e información de zonas de interese turístico, entre as que se atopa o Refuxio de Verdes, pedras de Penavia, Lagoa de Alcaián ou a Vía Céltiga, así como accesos a núcleos de poboación. Esta intervención, que permittiu a instalación de máis de 130 sinais, contou cun orzamento de 70.310 euros.

Mellora dunha das vías municipais en Coristanco.

Mellora dunha das vías municipais en Coristanco. / Cedida

Tamén se recepcionaron as obras de humanización da avenida de Finisterre e das rúas interiores en Bormoio–Agualada, cun investimento de 206.049 euros procedentes de fondos propios e do POS+ da Deputación da Coruña. Os traballos incluíron a ampliación de beirarrúas, mellora da rede de pluviais, renovación da rede de abastecemento e do alumeado público. Está previsto que a Xunta de Galicia complete a actuación cunha nova capa de rodadura nas próximas datas.

As últimas obras son as correspondentes á reurbanización de viarios no lugar da Igrexa, na parroquia de Xaviña, así como nos lugares de Outeiro e Campolongo, tamén na parroquia de Xaviña.

Estas actuacións supuxeron un investimento conxunto de 463.191 euros, financiados a través do POS+ 2025. Os traballos consistiron na creación dunha nova plataforma a nivel para peóns e vehículos, mellorando así a seguridade viaria e renovando os servizos existentes.

Melloras do campo de fútbol

Por outra banda, o Concello de Coristancio abriu o proceso de licitación do cambio da cuberta, a mellora da accesibilidade e o pintado dos muros exteriores do Campo de Fútbol Manuel Vecino.

A actuación, incluída no POS+ 2026 conta cun orzamento base de 48.649,11 euros.

Tracking Pixel Contents