Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

LABORAL

Un tribunal obriga ao Concello de Corcubión a adaptar a xornada laboral dunha traballadora

Estima que vulnerou o dereito fundamental á non discriminación por razón de sexo

Casa consistorial de Corcubión.

Casa consistorial de Corcubión. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Corcubión

O Concello de Corcubión deberá adaptar a xornada laboral dunha traballadora á quenda de mañá ao estimar a Sección Social do Tribunal de Instancia da Coruña que se produciu a vulneración do dereito fundamental á non discriminación por razón de sexo, ao concorrer inacción e falta de negociación, segundo informa o sindicato UGT.

A organización sindical asegura que o Concello "non acreditou ningunha razón obxectiva, organizativa ou produtiva que xustifique o sacrificio do dereito fundamental da actora".

Coidado dun menor

A conduta, engade, "ao ignorar a solicitude da traballadora, que acredita necesidades de coidado dun menor, constitúe un trato pexorativo e, seguindo a doutrina da Sentenza 153/2021 do Tribunal Constitucional, a discriminación por razón de sexo prodúcese cando o exercicio de dereitos de conciliación xera un prexuízo efectivo".

Ademais, dende UGT sinalan que "a omisión do deber de negociar e a imposición dun horario fragmentado incompatible co horario escolar da menor vulneran o artigo 14 da Constitución, polo que o tribunal ditamina que hai vulneración de dereitos fundamentais e discriminación".

Tracking Pixel Contents