XUSTIZA
Alertan do risco de colapso no Tribunal de Instancia de Carballo: máis de 5.000 asuntos pendentes
O BNG reclama novas prazas de xuíces e maxistrados, máis persoal funcionario e medidas urxentes de reforzo

Edificio dos Xulgados de Carballo. / Google Maps
Os deputados do BNG Óscar Insua e Iago Tabarés presentaron unha proposición non de lei para que a Xunta solicite ao Ministerio de Xustiza e ao Consello Xeral do Poder Xudicial o incremento da planta xudicial de Carballo, mediante a creación de novas prazas de xuíces e maxistrados "acordes coa carga de traballo obxectivamente acreditada polos datos do TSXG, impulsando os trámites necesarios para a súa efectiva creación e cobertura no menor prazo posible".
Demandan ademais que se incrementen de xeito estrutural os efectivos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, e auxilio xudicial, dotándoos das prazas que resulten necesarias para absorber o volume actual e previsible de asuntos, con especial atención á sección con competencias en violencia de xénero.
Reducir os prazos de resolución
Os nacionalistas solicitan que se adopten, con carácter inmediato e en tanto non se materialicen as medidas estruturais anteriores, medidas de reforzo urxentes no Tribunal de Instancia de Carballo —persoal de reforzo nos corpos de xestión, tramitación e auxilio, reforzo xudicial, e medios materiais e tecnolóxicos suficientes— co obxectivo de frear a acumulación de asuntos pendentes e reducir os prazos de resolución dos procedementos”.
Dende o BNG aseguran que o Tribunal de Instancia de Carballo "atópase nunha situación de saturación estrutural que ameaza con derivar en colapso, segundo se desprende tanto dos datos facilitados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, como das manifestacións de traballadoras e profesionais da avogacía".
Segundo os datos do TSXG correspondentes ao primeiro trimestre de 2026, engaden, "as tres prazas de Carballo rexistraron 1.051 asuntos novos entrados no período, mentres que a 31 de marzo permanecían sen resolver 5.052 asuntos, o que supón unha media de 1.684 expedientes pendentes por praza. Isto malia que o persoal funcionario liquida de media unha trintena de expedientes ao día entre procedementos civís, penais e trámites administrativos diversos".
Alto número de asuntos de violencia sobre a muller
A carga de traballo en materia de violencia sobre a muller "resulta particularmente preocupante: Carballo sitúase entre os oito partidos xudiciais galegos con maior número de asuntos de violencia sobre a muller, practicamente á par dos de Lugo e Pontevedra, e só superado polos correspondentes aos sete grandes partidos xudiciais do país", subliñan os nacionalistas.
Esta acumulación de traballo, engaden, "non se corresponde cun reforzo equivalente de medios persoais senón, precisamente, co contrario. O cadro de persoal do partido xudicial reduciuse como consecuencia da supresión dos postos de reforzo, un deles específico en materia de violencia de xénero".
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto