CONVOCATORIA
O Certame Illas Sisargas consolida a Malpica como capital da poesía erótica en galego
O premio está dotado con 1.500 euros e inclúe a publicación da obra gañadora

Emma Abella, esquerda, Paco de Tano, Eduardo Parga, Noelia Freijeiro e Olga Rodríguez. / C. M.
A Asociación Cultural Caldeirón, en colaboración co Concello de Malpica de Bergantiños, presentou o 21º Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, consolidado como un dos concurso de referencia da creación poética en lingua galega.

Bases do XXI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. / Cedida
O acto estivo presidido polo alcalde, Eduardo Parga; o presidente da Asociación Cultural Caldeirón, Paco de Tano; a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro; e as integrantes da entidade Emma Abella e Olga Rodríguez.
Proxección cultural
Animaron ás escritoras e escritores a participar nesta nova edición, destacando o prestixio acadado polo certame ao longo da súa traxectoria. Subliñaron ademais a importancia de seguir apoiando iniciativas que fomenten a creación literaria e contribúan á proxección cultural de Malpica de Bergantiños.
O certame mantén o seu obxectivo de promover a literatura en galego a través dunha proposta singular, que ao longo de máis de dúas décadas reuniu a numerosos autores e autoras e contribuíu á difusión da poesía erótica no noso idioma.
Obras inéditas
Poderán participar autores de calquera nacionalidade que presenten un libro inédito de temática erótica, escrito en lingua galega e non premiado con anterioridade. O galardón está dotado con 1.500 euros, ademais da publicación da primeira edición da obra gañadora na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón.
O poemario deberá remitirse en formato PDF ao enderezo electrónico premio@caldeiron.org, e o prazo de presentación permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2026.
- El pueblo medieval de Galicia que se convierte en la capital del arte: 25 espectáculos desde el viernes para reír, emocionarse y vibrar
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Cierra una de las cafeterías más queridas de Bertamiráns: 'Nunca pensamos que chegaría este día
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago
- De una punta a otra de España en tiempo récord: tres radares de Tráfico cazan al mismo conductor en Galicia, Zamora y Jaén más de 200 kilómetros por hora
- Susto por un incendio en el límite de Brión, Ames y Teo que se acercó a una aldea: 'Estuvo a unos 300 metros de las casas
- Air Nostrum recupera este verano una de las conexiones más singulares para Santiago
- Alquilar junto al mar en Galicia: de los 622 euros de Narón a los 1.352 de Sanxenxo