SERVIZOS SOCIAIS
A Xunta anuncia unha residencia de maiores con 140 prazas para Ponteceso
Ubicarase no centro da capital municipal e xerará arredor de 90 postos de traballo

A conselleira, no centro, co alcalde, terceiro esquerda, en Ponteceso. / MONCHO FUENTES
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, anunciou que Ponteceso contará cunha residencia de maiores. Fíxoo no acto de presentación deste proxecto, que se desenvolverá no centro urbano da man da iniciativa privada e coa colaboración da Xunta.
Destacou que este "novo centro residencial de vangarda", de case 6.000 metros cadrados, contará con 140 prazas e estará organizado en unidades de convivencia e varios apartamentos tutelados. Permitirá, ademais, a xeración de emprego na zona, coa posta en marcha de arredor de 90 postos de traballo.
O alcalde, José Manuel Mato, asegurou que esta residencia suporá "dar un enorme salto en canto á calidade de vida e benestar da veciñanza". Agradeceu á empresa impulsora e á conselleira de Política Social a súa "colaboración e implicación por seguir mellorando o día a día dos nosos maiores".
Investimento de 12 millóns
Ao acto asistiu tamén o arquitecto Blas Tojo, autor do proxecto da residencia. Avanzou que se prevé mobilizar un investimento duns 12 millóns de euros e a intención é dispor de todos os permisos nun prazo de seis meses para iniciar as obras. Todo coa vista posta en que o edificio estea en funcionamento no 2028.
Bono Coidado no Fogar
A conselleira sinalou que "a Xunta traballa para que as persoas maiores poidan elixir onde e como queren pasar esta etapa das súas vidas, que, de maneira maioritaria, é na súa contorna".
Para atender a esta preferencia, explicou, "o Goberno galego impulsou medidas pioneiras como o Bono Coidado no Fogar, que reciben xa case 40.000 galegos, e blindou outras como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF)".
Respecto ao SAF, destacou a suba do financiamento da Xunta a este servizo que xestionan os concellos. Este incremento é posible tras un acordo histórico coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que no caso de Ponteceso suporá un incremento extra de case 337.000 euros, sumando 1,14 millóns de euros en tres anos.
Vinte e catro novos centros e 3.500 prazas residenciais
Ademais, Fabiola García explicou que para aquelas persoas maiores que precisan doutro tipo de coidados, máis especializados, o Executivo autonómico está a ampliar a oferta de prazas residenciais, a través da creación de 3.500 novas prazas nos próximos tres anos, entre as que se inclúe o novo plan de residencias, que suporá a posta en marcha de 24 novos centros; así como do desenvolvemento do novo modelo de coidados centrado nas persoas e no aproveitamento das novas tecnoloxías.
Fabiola García estivo acompañada pola delegada da Xunta, Belén do Campo; o alcalde anfitrión, José Manuel Mato; os rexedores de Cabana, Coristanco, Laxe, Malpica; e o tenente de alcalde da Laracha, José Ramón Martínez, entre outros.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames