Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

TURISMO

Luz verde ambiental a un campamento turístico con 20 cabanas e 118 prazas en Malpica

Ubicarase no lugar de Piñeiro, na parroquia de Buño

O campamento complementará a variada oferta turística de Malpica.

O campamento complementará a variada oferta turística de Malpica. / C. Malpica

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Malpica

A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para construír un campamento de turismo no lugar de Piñeiro, en Buño, no concello de Malpica de Bergantiños.

O proxecto, promovido polo Complexo Turístico Nordés, SL, consiste na implantación dun aloxamento turístico rural, tipo cámping, que ocupará unha superficie total de 14.766 metros cadrados cunha capacidade máxima estimada de aloxamento de entre 96 e 118 persoas.

Zona de acampada, piscina e parque infantil

O campamento incluirá 20 cabanas de madeira (15 de un dormitorio e 5 de dous), zona de acampada, área de aparcadoiro de caravanas, así como diversas instalacións de servizos: supermercado, lavandería de autoservizo, baños comunitarios, etc. Tamén disporá de piscina e parque infantil.

Segundo se conclúe no informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), non son previsibles efectos adversos significativos sobre a contorna derivados do proxecto sempre que se cumpran os condicionantes fixados tanto no documento ambiental como nos informes analizados, así como no programa de vixilancia ambiental deseñado ao abeiro da iniciativa.

Sete organismos consultados

Neste sentido, o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública ao tempo que foron consultados un total de sete organismos interesados.

Froito desas consultas, as entidades realizaron a súa valoración e fixaron condicionantes que se engaden aos incluídos no programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

Cumprir os condicionantes

Esas avaliacións consideran que o proxecto non vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados e que sería viable a súa posta en marcha sempre que se cumpra con certos condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos tales como a protección da atmosfera, poboación e saúde; das augas e leitos fluviais; do solo e infraestruturas; do patrimonio natural e cultural, así como nos eidos da integración paisaxística e da xestión de residuos.

Tracking Pixel Contents