Padrón aposta polos artistas emerxentes no Santiaguiño do Monte
Kid Mount, Mondra e XMaseda encabezan o cartel das festas do Santiaguiño do Monte
Regresa a tradicional carreira de burros no paseo do Espolón

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos / Cedida
Iker Cotón
"Vinde todos á xuntanza da paisaxe e da alegría", así lle cantaba Pepe Domingo Castaño ao Santiaguiño do Monte, a romaría por excelencia de Padrón. O Concello anunciou este venres o cartel dunha festividade que foi crecendo co paso do tempo e que este ano se celebrará do 17 ao 25 de xullo. Artistas emerxentes galegos como Kid Mount, Mondra ou XMaseda complementará un cartel no que o tradicional derbi asnal e a romaría do Santiaguiño son os protagonistas.
O prato forte do programa é, sen dúbida, a romaría do Santiaguiño do Monte o 25 de xullo que comeza coa procesión ata o monte para celebrar o Día de Galicia. Tras isto terán lugar as tradicionais misas na capela, a sardiñada e as actuacións dos diferentes grupos folclóricos que representan a alma musical da festividade: O Pedrón, Arreixeira, San Pedro de Carcacía, Rosalia de Castro, Xoldra e Banda de gaitas de Gondomar. A cativada poderá desfrutar da festa infantil con inchables de auga.
Derbi asnal e Festival Ultreia
O Concello de Padrón volve a apostar polo tradicional derbi asnal do 24 de xullo, empregando o paseo do Espolón a modo de circuito para a carreira de burros. Outro dos puntos fortes do cartel é o Festival Ultreia, que celebra a súa terceira edición cun cartel cargado de talento galego. O festival desenvolverase o fin de semana do 17 de xullo e o venres 24, arrincando coas sesións de Marcos Magán e o picadiscos padronés DJ Canhón, organizadas polo colectivo Open Air no paseo do Espolón.
O sábado 18 a música emerxente galega darase un festín no Espolón coas actuacións de XMaseda65 e Kid Mount, dous artistas urbanos emerxentes que apostan polo galego e DJ Matrek será o encargado de pechar a noite da man de Open Air. Os días seguintes o Concello ofrecerá actividades para os máis cativos encabezadas por Contacontos María da Pontragna, Uxía Lambona e a banda molona, O Mago Antón ou Os monifates danzantes.

Subida da procesión do Santiaguiño en Padrón / JUAN MARTINEZ
Tras o Gran Derbi Asnal, previsto no paseo do Espolón o 24 de xullo ás 20.00 horas, a Charanga Támega amenizará coa sú música as rúas da vila, antes de que Mondra actúe no Campo do Souto ás 23.00 horas. “Love the 90´s & 2000´s” traerá ao Espolón os mellores éxitos da movida madrileña, reggaetón antiguo, dance e pop rock en español e internacional xa pasada a medianoite.
Á mañán seguinte os padroneses e padronesas subirán os 132 chanzos que conectan a vila co monte do Santiaguiño e serán recibidos pola escultura do Apóstol, predicando coma sempre sobre as dez pedras no monte. Gaitas, cachelos e sardiñas son os protagonistas dun dos días de máis ledicia nunha vila entregada á súa romaría.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Santiago y O Milladoiro, a 20 minutos de bici: Rueda inaugura la senda peatonal y ciclista que completa el eje de movilidad compostelano
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Cuatro menores heridos en Teo al colisionar un turismo y un camión
- Nueve helicópteros, cuatro aviones y trece brigadas combaten un incendio forestal en Lousame
- La casa de lujo más visitada de Galicia está en Santiago y cuesta 3,5 millones
- Fueron a Montalvo por el eclipse y el mar les regaló otro espectáculo: 'Fue una noche que vamos a recordar siempre
- «Lo pasamos genial»: la cara más vital del envejecimiento en Ames