CARBALLO
Peixes mortos e augas deterioradas: o BNG denuncia o estado da lagoa de Baldaio
Reclama a apertura mecánica inmediata da canle e un plan definitivo para estabilizar o ecosistema

Un peixe morto á beira da lagoa de Baldaio, en Carballo. / BNG
O BNG de Carballo denuncia o "estado de emerxencia ambiental" que sofre a lagoa de Baldaio despois de comprobar a "aparición de peixes mortos na ría e a alarmante deterioración e mudanza na cor da auga, provocada polo peche total da canle ao mar dende o pasado mes de maio".
Aseguran que as imaxes de fauna morta e a eutrofización do ecosistema son o resultado directo da "indolencia e o abandono crónico" por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Consellería de Medio Ambiente, que ignoraron as advertencias e comunicacións oficiais remitidas dende Carballo dende hai meses.
Falta de plans de xestión
Lembran que esta situación non é nova, "senón o reflexo dunha total falta de previsión e plans de xestión por parte do Goberno galego, que actúa tarde, mal e a rastro" ante un problema que se repite ano tras ano coa dinámica de sedimentos da bocana.
O sector marisqueiro, "que aínda trataba de erguer a cabeza tras o catastrófico peche do ano pasado, atópase de novo desamparado ante un ecosistema que agoniza por falta de osíxeno", sinala a responsable local do BNG, Inés Rodríguez.
Alerta de que a perda de biodiversidade e a degradación da calidade da auga en plena campaña estival "supoñen un golpe durísimo tanto para o tecido marisqueiro local como para o potencial turístico e de lecer de Carballo".
Perigo de inundacións
Ademais, os nacionalistas lembran que o taponamento da lagoa supón un perigo inmediato de inundacións para os viarios e as vivendas da contorna no momento en que comecen as primeiras choivas fortes.
O BNG trasladará, a través dos seus representantes no Parlamento de Galicia, iniciativas urxentes para esixir explicacións á Xunta e demandar unha partida orzamentaria e un plan técnico definitivo que estabilice o ciclo natural da lagoa de Baldaio sen comprometer a súa integridade.
"Non imos permitir que a Xunta siga mirando para outro lado mentres un espazo protexido pola Rede Natura se converte nunha lagoa estancada e morta. Esiximos a apertura mecánica inmediata da canle e un compromiso real co futuro de Baldaio, do seu marisqueo e da súa veciñanza", conclúe Inés Rodríguez.
- Las mejores orquestas de Galicia se reúnen a media hora de Santiago esta semana: Panorama, París de Noia, Los Satélites y Olympus en una fiesta de cinco días
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- 50 familiares, varias generaciones y un mismo apellido: la familia Blanco vuelve a reunirse en A Estrada
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- “Padrón es el pueblo donde más vendemos”: madrugones, tradición y oficio en el mercado dominical
- La orquesta gallega que sale al escenario sin saber qué canciones tocará: 'El público decide la verbena
- Nace una nueva comisión de fiestas en Santiago para 'facer cidade': 'Queremos recuperar ese espíritu das grandes festas populares