SERVIZOS SOCIAIS
Afaber impulsa en Carballo unha escola de verán centrada no benestar físico e emocional
O proxecto busca favorecer a participación social, a estimulación cognitiva, a creatividade e a ocupación saudable

Un momento dunha sesión da Escola de coidadoras de Afaber. / Afaber
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber), con sede en Carballo, lanza este verán un novo proxecto de envellecemento activo: unha escola de verán que ten como finalidade o desenvolvemento de actividades lúdicas que favorezan a participación social, o benestar emocional e físico e a ocupación saudable do tempo libre dos adultos.
"Desta maneira, preténdese crear tecido social e fomentar a interacción entre iguais, previr a soidade non desexada creando espazos de encontro, fomentar a estimulación cognitiva e desenvolver a creatividade", afirma o presidente de Afaber, Jesús María Villar.
Entre as actividades e obradoiros que ofrecerá a escola destacan os de traballo da motricidade fina mediante a creación de pezas de coiro, trapillo ou croché; o adestramento cognitivo e emocional, con talleres de memoria, de novas tecnoloxías e sesións de risoterapia; o fomento do benestar físico, mediante a ximnasia de mantemento e fomento dunha vida saudable; e a promoción do turismo e da cultura, coa planificación dunha saída que permita coñecer o patrimonio cultural da contorna bergantiñá.
As persoas interesadas poden informarse nos teléfonos: 625.980.691 - 981.75.85.45 ou no enderezo electrónico afabercarballo@gmail.com.
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una gallega que se hizo pasar por médico en Lugo y A Coruña
- Augusto Pérez Alberti, el catedrático jubilado de la USC que a los 78 años defendió su segunda tesis doctoral para seguir aprendiendo: 'Investigar es mi hobby
- Sorprenden a dos ladrones de madrugada en el interior de un piso en Santiago cuando se disponían a huir con el botín
- Así es el parque acuático más novedoso de Galicia: a una hora de Santiago y con toboganes de 11 metros de caída
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi
- Las 5 playas fluviales cerca de Santiago que se están convirtiendo en el refugio perfecto para escapar del calor
- Prisión provisional sin fianza para el detenido por el atropello mortal de Bertamiráns
- El detenido por el atropello mortal de Bertamiráns viajó desde Lugo para enfrentarse con la víctima