Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lalín abre un expediente a Tripas Deza por vertidos no río Asneiro

O Concello de Lalín inicia un expediente de revogación de vertidos a Tripas Deza tras recibir varias denuncias de Augas de Galicia

Un neno pesca no río Asneiro

Un neno pesca no río Asneiro / Bernabé / Javier Lalín

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Iker Cotón

O Concello de Lalín aproba un expediente de revogación de autorización de vertidos á rede municipal de sumidoiros á empresa Tripas Deza S.L. Así o explica a concelleira de Medio Ambiente de Lalín, Raquel Lourenzo, informando que "tras as últimas denuncias recibidas de Augas de Galicia polos vertidos de augas residuais detectados no río Asneiro e unha vez que está comprobado que proceden do Polígono de Botos, a xunta de goberno local vén de aprobar na súa sesión de hoxe iniciar un expediente de revogación de autorización de vertidos".

Esta medida é a continuación do inicio do expediente sancionador aberto á empresa hai un mes. Raquel Lourenzo apunta que a empresa Tripas Deza conta cun prazo de 10 días hábiles para adoptar as medidas oportunas. De non tomarse estas medidas necesarias para solucionar a situación, este proceso poderá derivar na imposición dunha sanción a Tripas Deza S.L.

A empresa

Tripas Deza é unha empresa galega especializada en todo tipo de produtos de tripería, ademais de especias, pimentóns e produtos demandados por fabricantes de embutidos. Os seus principais produtos proceden de tripas de porco e vacún.

Tracking Pixel Contents