Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MELLORAS

O acceso ao faro de Fisterra gaña seguridade e accesibilidade

O Concello repintou as marcas viarias e acondicionou a senda peonil, moi utilizada polos peregrinos

Pintado das prazas de estacionamento na contorna do faro fisterrán.

Pintado das prazas de estacionamento na contorna do faro fisterrán. / C. Fisterra

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Fisterra

O Concello de Fisterra vén de acondicionar os accesos ao mítico faro da fin do mundo, tanto para a circulación rodada como para os peóns.

En días pasados, levouse a cabo o repintado das marcas viais da estrada, así como dos pasos de peóns e as liñas que delimitan os aparcamentos, para mellorar a seguridade e o aproveitamento xeral dos espazos.

Paso de peóns ubicado á altura da igrexa de Santa María das Areas.

Paso de peóns ubicado á altura da igrexa de Santa María das Areas. / C. Fisterra

Ademais, o venres o Concello acondicionou a senda peonil paralela á estrada, que presentaba un importante deterioro provocado polo uso e polas condicións meteorolóxicas. Trátase dun sendeiro moi utilizado, pois é a vía de acceso para os peregrinos que rematan o Camiño no faro fisterrán.

Estado da senda peonil, antes e despois da mellora realizada.

Estado da senda peonil, antes e despois da mellora realizada. / C. Fisterra

"Estas actuacións teñen como obxectivo mellorar a seguridade, a accesibilidade e a conservación dun dos espazos máis emblemáticos do noso municipio, garantindo que veciñanza, peregrinos e visitantes poidan gozar da contorna en óptimas condicións", afirma o alcalde, Luis Insua.

Sinala ademais que, nas próximas semanas, "seguiremos realizando actuacións neste espazo co obxectivo de conseguir un entorno óptimo e acorde ás necesidades das persoas usuarias".

Tracking Pixel Contents